Actualidad

Por ejemplo, 23-11-2024
Por ejemplo, 23-11-2024
Martes, 19 de noviembre de 2024
O Concello de Ames e a AEPEM reúnense cos empresarios e empresarias do polígono Novo Milladoiro para solucionar os problemas puntuais que puidese xerar o novo plan de mobilidade da zona

O salón de Plenos do Concello de Ames acolleu esta mañá unha xuntanza entre Concello, AEPEM e empresarios do polígono empresarial do Novo Milladoiro na que participaron por parte do Goberno local o alcalde, Blas García, o concelleiro de Urbanismo Víctor Fernández, o concelleiro de Obras, Gustavo Nieto e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. Por parte da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro estivo presente o seu presidente, Javier Santos. Tamén asistiu Ramón Salgado, como empresario do parque empresarial.

Martes, 19 de noviembre de 2024
Os/as creadores de 13 proxectos do Ames AV LAB expoñen os seus proxectos nun acto celebrado na Casa da Cultura do Milladoiro

O Ames AV LAB, laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual do Concello de Ames, celebrou onte un acto no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, no que 13 dos 15 creadores/as que participan nesta iniciativa, expuxeron os avances dos seus proxectos ante representantes institucionais, profesionais do sector e potenciais investidores. Dita exposición sérvelle á Comisión de Avaliación para determinar a puntuación final que se lle outorgará a cada proxecto. Posteriormente farase un acto entrega de premios no cal se entregarán 7 premios de 10.000 euros cada un, destinados ás actividades de definición e desenvolvemento inicial dos proxectos seleccionados. Premendo nesta ligazón podes ver unha galería de imaxes sobre o acto.

Martes, 19 de noviembre de 2024
Este mércores comeza en Ames a semana da música pola Santa Icía

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, impulsou unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza. A primeira cita do programa será mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, onde a Escola Municipal de Música de Ames ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. O xoves 21, ás 20:30 horas, o músico Luis Fercán chegará coa súa xira “Postales perdidas” á Casa da Cultura de Bertamiráns.

Martes, 19 de noviembre de 2024
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle unha exposición sobre a diabetes da man de ANEDIA

A pasada semana inaugurouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a exposición “A Orixe: diabetes, un camiño de vida”, unha mostra fotográfica sobre os distintos aspectos da vida con diabetes impulsada pola asociación ANEDIA, que chega ao concello de Ames da man da Concellaría de Promoción da Saúde. Está composta por unha escolma de 24 láminas nas que se recolle o percorrido despois de recibir o diagnóstico, empregando como fío condutor as distintas etapas do Camiño de Santiago dende O Barbanza. A mostra estará na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o vindeiro 29 de novembro.

Lunes, 18 de noviembre de 2024
O Pleno aproba por unanimidade a décimo segunda modificación da relación de postos de traballo do Concello de Ames

Hoxe pola mañá celebrouse un pleno extraordinario no que a Corporación municipal aprobou de xeito inicial e por unanimidade a décimo segunda modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames. Tamén se aprobou de xeito inicial e por unanimidade a modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación. Previamente, a modificación da RPT foi aprobada por unanimidade de todas as seccións sindicais na Mesa Xeral de Negociación celebrada o 14 de novembro. A modificación da RPT suporá a adecuación dos complementos específicos e incremento retributivo derivado para a totalidade do persoal municipal. O incremento retributivo aplicarase de forma progresiva en catro anos, dende 2024 ata 2027. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Lunes, 18 de noviembre de 2024
Máis dun milleiro de persoas desfrutaron en Ames do VII certame Cinema Miúdo

Esa fin de semana o Concello de Ames acolleu a sétima edición de Cinema Miúdo, o certame internacional de cinema para público infantil que volveu a sorprender ao público transportando a nenos e nenas de todas as idades a unha viaxe máxica pola historia do cinema. Cunha programación cargada de novidades, o festival consolidou a súa posición como un dos referentes do cinema infantil en Galicia e España. Ademais de gozar das proxeccións, os asistentes puideron participar en talleres de fotografía analóxica, asistir a actuacións musicais e descubrir as orixes do cinema en seccións especiais dedicadas aos pioneiros da animación e a comedia. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes do festival.

Lunes, 18 de noviembre de 2024
O departamento de Xuventude organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos con motivo do 25N

O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Domingo, 17 de noviembre de 2024
Ames AV LAB clausura a súa primeira edición coa presentación de proxectos e a avaliación dos premios que impulsarán o seu desenvolvemento

O laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual Ames AV LAB, promovido polo Concello de Ames e cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña, celebra o próximo luns, 18 de novembro, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, o acto de clausura da súa primeira edición. Este programa, deseñado como un espazo de aceleración de proxectos e fomento do talento emerxente, foi clave para dinamizar o tecido audiovisual local, potenciando a competitividade do sector e fortalecéndoo no ámbito nacional e internacional. Esta xornada incluirá tamén a avaliación final dos traballos, a cargo da Comisión de Avaliación dos premios Ames AV LAB, que xa celebrou a súa primeira reunión o pasado martes, 13 de novembro, para constituírse formalmente e revisar a documentación dos proxectos presentados nas fases 1 e 2 do programa.

Sábado, 16 de noviembre de 2024
Logotipo 20 aniversario Emma

A Aula 10 do Centro multifuncional de Aldea Nova acolleu este venres, 15 de novembro, o acto de celebración do vinte aniversario da Escola Municipal de Música de Ames. Durante o transcurso do acto presentouse a nova imaxe corporativa da EMMA, que foi deseñada pola deseñadora gráfica, Doli Folgar. Houbo diferentes actuacións a cargo do alumnado de linguaxe musical, agrupación de guitarras e Anxo Villanueva, grupos de violíns, frautas, piano, combo de voces e guitarras. Con motivo do vinte aniversario estase traballando nunha programación específica que se publicará proximamente.

Sábado, 16 de noviembre de 2024
O martes 19 de novembro proxéctase “+Cuñados” dentro do ciclo Cine de Outono

O vindeiro 19 de novembro continúa o ciclo Cine de Outono, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. A segunda proxección será o martes 19 de novembro, co filme “+Cuñados”. O martes 26 de novembro poderase ver “Os espazos en branco”. Todos os filmes serán proxectados no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas. Nas dúas proxeccións que quedan haberá un pequeno coloquio sobre os filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.