Actualidad

Por ejemplo, 13-06-2025
Por ejemplo, 13-06-2025
Lunes, 03 de septiembre de 2018

[03-09-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio coa resolución da proba de galego do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesor xurídico de servizos sociais e fíxase como data do primeiro exame o 13 de setembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.

Sábado, 01 de septiembre de 2018

[01-09-2018] O Concello de Ames, a través das Concellarías de Normalización Lingüística e de Servizos Sociais, abre este luns, 3 de setembro, o prazo para inscribirse nunha nova edición dos Obradoiros de Lingua e Cultura "En galego, co teu acento!. Trátase dunha actividade gratuíta de 30 horas de duración que se desenvolverá de luns a venres nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, durante os meses de outubro e novembro. Ofrécense un total de 40 prazas (20 para cada localidade). O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de setembro.

Sábado, 01 de septiembre de 2018

[01-09-2018] Esta semana remataron as obras para o cambio do pavimento do pavillón polideportivo de Bertamiráns. Previamente, realizáronse estes mesmos traballos no pavillón do Milladoiro. Estas obras foron adxudicados á empresa Medulio Servicios y Obras SL. Os traballos executados no Milladoiro foron adxudicados por un importe de 65.339,27 euros, mentres que os de Bertamiráns ascenderon a 73.198,95 euros. Así, instalouse un novo pavimento de madeira, axeitado para a alta competición, en ambas instalacións. Ademais, no Milladoiro tamén se construíu unha nova sala-ximnasio anexa ao pavillón, e en Bertamiráns contarase cun novo ximnasio e unha pista de squash cuberta. Durante o verán tamén se arranxaron os teitos de ambos pavillóns por máis de 13.000 euros.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús dos almorzos e do xantar que se servirán no Setembro Lúdico. Este servizo desenvolverase ao longo dos días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 de setembro, en horario de 07:30h a 16:00 horas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. Os menús están elaborados pola nutricionista municipal.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] Este venres, 31 de agosto, remata a Escola de Verán, que este ano tivo como liña temática o medio ambiente e a necesidade de adoptar unha actitude ecoloxista. Así, ao longo de xullo e agosto, os nenos e nenas afondaron no coñecemento dos elementos terra, lume, auga e aire, a través de xogos e actividades que lles permitiron adquirir novos coñecementos ao tempo que se divertían cos seus compañeiros.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] Co obxectivo de dar asesoramento as mulleres que sofren violencia ou que están en risco de sufrila, o Centro de Información á Muller (CIM) de Ames pon en marcha un programa enfocado ao empoderamento da muller para a prevención e o tratamento integral das violencias machistas, a través da intervención terapéutica e de diferentes accións psicoeducativas. O programa, que conta con tres tipos de actuacións (grupos de traballo, mañás temáticas e tardes temáticas), ofrece ferramentas que favorezan cambios nas vidas persoais e familiares imprescindibles para asegurar a recuperación integral da muller e poder, así, comezar un novo proxecto vital.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] A reunión informativa de inicio de curso e xornada de portas abertas da Escola Municipal de Música de Ames, será o venres 14 de setembro, ás 20:00 no Multiusos de Aldeanova. As clases do curso 2018/2019 comezarán o luns 17 de setembro.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e mailo alcalde de Ames, José Miñones, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se analizou a seguridade cidadá no municipio. A subdelegada do Goberno da Coruña comprometeuse a reforzar o dispositivo de seguridade da Garda Civil. Asemade, Pilar López-Rioboo destacou a coordinación dos corpos policiais e da Garda Civil como elemento clave para unha mellor seguridade cidadá. En dita xuntanza tamén estiveron representantes da Guarda Civil e do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta de Galicia, así como varios representantes municipais.

Jueves, 30 de agosto de 2018

[30-08-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, vén de abrir un segundo prazo de preinscrición no programa de psicomotricidade para o curso 2018-2019. De momento quedan prazas dispoñibles en todos os grupos e nos tres colexios onde se imparten estas actividades. Dirixida a crianzas de 3, 4 e 5 anos, a actividade desenvolverase nas aulas de psicomotricidade dos CEIPs A Maía e Agro do Muíño en Bertamiráns e na escola infantil do Milladoiro. O prazo para realizar a preinscrición remata o vindeiro 7 de setembro. Posteriormente, os usuarios/as admitidos/as terán que formalizar a matrícula. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición para participar nesta actividade.

Jueves, 30 de agosto de 2018

[30-08-2018] O mes de agosto chega ao seu fin e, con el, o servizo de Bibliopiscinas que se ven prestando dende o pasado mes xullo nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro e na praia fluvial de Tapia. Este venres, 31 de agosto, e coincidindo co último día das Bibliopiscinas, haberá unha festa final na que os usuarios e as usuarias do servizo recibirán algún agasallo, participarán en xogos competitivos e realizarán unha gran merenda para despedir o verán. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, desenvolve o servizo de Bibliopiscinas dende hai 16 anos, achegando ás familias amesás libros, xogos, contos, xoguetes e varias actividades ás zonas de baño do concello durante os meses de xullo e agosto.