Avisos

Por ejemplo, 25-04-2025
Por ejemplo, 25-04-2025
Jueves, 28 mayo, 2020
O Concello de Ames informa de que na actualidade as instalacións da área fluvial de Tapia atópanse pechadas e prohíbese o baño no río Tambre, xa que a temporada de baño aínda non deu comezo.
Miércoles, 27 mayo, 2020
A Secretaria Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas CELGA de 2020. Os 14 días do prazo non consumido comezan mañá e finalizan o 16 de xuño.
Miércoles, 27 mayo, 2020
O Concello de Ames súmase ao loito oficial polas vítimas da epidemia da Covid-19, que se estenderá dende hoxe, mércores 27 de maio, ata o día 6 de xuño. Durante estes días as bandeiras de España e Galicia da Casa do Concello ondearán a media asta.
Miércoles, 27 mayo, 2020
A efectos informativos, o Concello de Ames publica o borrador das bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por Anpas dos centros educativos amesás, asociacións culturais e deportivas e para a promoción de festas populares. Os prazos de presentación de solicitudes están suspendidos e, unha vez finalice a situación de estado de alarma e se reanuden os prazos administrativos, publicaranse no BOP e abrirase o prazo correspondente de presentación de solicitudes.
Martes, 19 mayo, 2020
Dende a Concellaría de Medio Ambiente informan de que nesta época do ano, despois das choivas e coa chegada da calor, poden verse, outro ano máis, serpes de agua no paseo fluvial de Bertamiráns. Trátanse dunhas serpes que aparentemente nos recordan as víboras pola súa forma e color, pero nada teñen que ver con elas, xa que pertencen ao xénero Natrix, que é inofensivo.
Lunes, 18 mayo, 2020
O Concello de Ames informa sobre a Orde SND/414/2020, do 16 de maio, na que se establece unha actualización das medidas contempladas para a Fase 1. Estas novas medidas afectan a apertura de locais comerciais minoristas; accións comerciais ou de promoción; así como da actividade cinexética e de peca deportiva e recreativa.
Domingo, 10 mayo, 2020
Despois de coñecer que a provincia da Coruña pasará á fase 1 do plan para a transición cara a nova normalidade, e para dar cumprimento ao establecido na Orde SND/399/2020, do 9 de maio, publicada nesta data, o Concello de Ames, informa que se permitirá a ampliación do espazo das terrazas, sempre que se cumpran os requisitos necesarios.
Domingo, 10 mayo, 2020
Este venres, 8 de maio de 2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 7 de maio de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas nos terreos rústicos, en cumprimento do acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP) do 5 de maio de 2020.
Viernes, 8 mayo, 2020
Dende o Concello de Ames infórmase que dende este venres, 8 de maio de 2020, elimínanse as franxas horarias para as saídas de poboación en xeral (paseos e deporte non profesional) nas parroquias de menos de 5.000 veciños/as, polo que no termo municipal de Ames soamente se manteñen as restricións para saír á rúa, por franxas horarias, nas parroquias de Ortoño e Biduído. Dende o Concello de Ames apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas polo ben común e evitar así un posible retroceso no control da pandemia.
Miércoles, 6 mayo, 2020
O Concello de Ames informa de que o prazo para a presentación de proxectos ao concurso de ideas para a creación do Centro da mocidade, incluído no Plan Impulsa Ames cofinanciado con fondos europeos do FEDER, está suspendido debido á aplicación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma en todo o territorio do estado español. Debido a iso non se poden presentar proxectos xa que de facelo serán desestimados.