Avisos

Por ejemplo, 25-04-2025
Por ejemplo, 25-04-2025
Miércoles, 22 abril, 2020
Por mor das obras de accesibilidade e mellora das instalacións que se están a desenvolver nas Oficinas Xerais do Milladoiro, o Concello de Ames informa de que tanto Servizos Sociais como Rexistro pasan, temporalmente, á Casa da Cultura desta localidade. A atención nestes servizos esenciais será unicamente telefónica e telemática. A atención presencial estará motivada unicamente en razóns de urxencia precisará de cita previa.
Lunes, 20 abril, 2020
O Concello de Ames lembra a reapertura de actividades permitida durante o estado de alarma decretado pola crise do Covid-19, logo da Semana Santa. Ao pé deste aviso podes atopar as actividades permitidas durante este período, así como as restriccións previstas para esta etapa de confinamento.
Miércoles, 15 abril, 2020
O Concello de Ames informa que debido ao recollido no punto 4 do Decreto 704/2020 das medidas adaptadas como consecuencia do COVID-19, con data de 13 de marzo, e ata novo aviso, quedan suspendidos temporalmente os servizos da Escola Municipal de Música de Ames.
Miércoles, 15 abril, 2020
O Concello de Ames informa do peche de todas as fontes públicas do concello e, como consecuencia, a prohibición do seu uso, durante a vixencia do estado de alarma. É unha medida que se toma por recomendación sanitaria, polo que se agradece a comprensión e colaboración da veciñanza amesá.
Miércoles, 8 abril, 2020
Segundo se recolle no punto 4 do Aviso sobre medidas extraordinarias en materia tributaria e información de contacto dos servizos económicos/tributarios municipais e da Deputación da Coruña, non se pasarán os recibos daqueles servizos que se atopan suspendidos polo tempo que dure dita suspensión.
Miércoles, 1 abril, 2020
O Concello de Ames informa de que o Consello de Ministros aprobou este martes, 31 de marzo de 2020, un novo paquete de medidas que se contemplan no Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
Martes, 31 marzo, 2020
Debido ás chamadas solicitando información, que están recibindo os/as axentes da Policía Local de Ames e mailo persoal que traballa nas oficinas municipais, infórmase sobre as instrucións que hai que seguir na xestión de residuos domésticos nos fogares que hai persoas contaxiadas ou en corentena polo COVID-19.
Martes, 31 marzo, 2020
O Consello de Ministros de España aprobou este domingo, 29 de marzo de 2020, o Real Decreto-lei 10/2020, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da cidadanía no contexto da loita contra o COVID-19.
Lunes, 30 marzo, 2020
O Concello de Ames informa sobre a Orde publicada este domingo, 29 de marzo, pola que se establecen medidas excepcionais en relación cos velorios e cerimonias fúnebres para limitar a propagación e o contaxio polo COVID-19. Premendo na ligazón que está ao pé deste AVISO podes descargar dita Orde.
Jueves, 26 marzo, 2020
O departamento de Educación do Concello de Ames tiña previsto abrir o prazo para solicitude de praza nas escolas infantís municipais de O Bosque e A Madalena do 1 ao 15 de abril de 2020. Debido ao estado de alarma, este prazo queda suspendido. Abrirase un prazo extraordinario de solicitude de praza unha vez rematada esta situación extraordinaria.