Avisos

Por ejemplo, 24-04-2025
Por ejemplo, 24-04-2025
Miércoles, 18 diciembre, 2019
Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora. Este permiso foi concedido para os días 21, 24, 28 e 31 de decembro de 2019 e 4 e 5 de xaneiro de 2020 con motivo das festas de Nadal. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a Xefatura territorial da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Martes, 17 diciembre, 2019
A empresa Espina y Delfín vén de comunicarlle ao Concello de Ames que as oficinas situadas nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro permanecerán pechadas os días 20, 24 e 31 de decembro por ser festivo de convenio. Ante calquera emerxencia pódese contactar co servizo de atención permanente chamando ao número de teléfono 673 830 393.
Martes, 17 diciembre, 2019
O Concello de Ames e mailas asociación de comerciantes e empresarios do municipio puxeron en marcha a campaña "Ilumina o teu sorriso", a través da cal se pretende promocionar o comercio local. Deste xeito, ponse en marcha un concurso de fotografía no que haberá que facer catro fotos en diferentes lugares de Bertamiráns e do Milladoiro. Entre os participantes sortearase un teléfono móbil de última xeración. O obxectivo é conseguir que a veciñanza de Bertamiráns se desprace ao Milladoiro e viceversa, para fomentar as actividades de Nadal na rúa ao tempo que se merca nos establecementos comercias amesáns.
Viernes, 13 diciembre, 2019
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 11 diciembre, 2019
O Concello de Ames participa outro ano máis na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 31 de xaneiro ao 3 de febreiro. Está destinada a rapaces de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos ata o 31 de decembro de 2020. Desta maneira, os participantes gozarán de 4 días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais de cursos de esquí e outras actividades complementarias. Ofértanse 13 prazas para o Concello de Ames.
Lunes, 9 diciembre, 2019
As Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns acollen dende hoxe ata o próximo 15 de decembro os debuxos que realizaron os nenos e nenas de Educación Infantil dos centros de ensino do Concello con motivo da Semana da Mobilidade. Esta, desenvolveuse baixo o lema “Como te desprazas polo teu concello”.
Jueves, 14 noviembre, 2019
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios municipais. O día 21 de novembro cobraranse os recibos da Escola de Verán de 2019 e do Setembro Lúdico de 2019, mentres que o día 25 de novembro cargaranse os recibos dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas do mes de setembro de 2019.
Lunes, 28 octubre, 2019
A Escola Municipal de Música de Ames, dependente da Concellería de Cultura, abre un prazo de inscrición extraordinario con motivo do inicio do curso 2019/2020. Desta maneira preténdese dar outra oportunidade aos interesados en inscribirse nalgunha das materias con prazas libres: Música e Movemento con 5 prazas, Frauta con 1, Violín con 6 e Guitarra con 4. O período está dispoñible ata cubrir prazas.
Viernes, 25 octubre, 2019
O Concello de Ames vén de poñer en marcha a terceira edición do obradoiro de emprego dual Renova Ames-Brión III. Este obradoiro terá unha duración de 9 meses e contará con 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión) e 5 persoas que formarán o equipo que dirixirá dito obradoiro (1 director/a, 2 mestres/as de instalación solar fotovoltaica, 1 titor/a orientador/a e 1 auxiliar administrativo). Descarga as bases para a selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova Ames Brión III.
Viernes, 11 octubre, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que a partir do 15 de outubro enviáraselle información (avisos, notificacións, incidencias, etc.) ás familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares a través da plataforma de comunicación TokApp School.