Solapas principales

Faise público o Plan de Adaptación da Escola de Verán 2121 á situación COVID19

De Viernes, 11 Junio, 2021 hasta Martes, 31 Agosto, 2021
A concellaría de Educación vén de facer público o Plan de adaptación da Escola de Verán 2121 á situación COVID19 No Plan destaca o feito de que os grupos estables de convivencia estableceranse en base a quincenas, de xeito que o grupo manterase estable durante eses quince días. Ademais, cada grupo de convivencia terá os seus propios espazos, de xeito que non se mesturen nenos e nenas de grupos distintos

Os grupos estables de convivencia terán en todo momento un distanciamento físico de 1,5 metros respecto do resto dos grupos, e procurarase que nas actividades ao aire libre cada grupo teña unha zona asignada e diferenciada do resto de grupos.

En relación ao uso do espazo de comedor, os grupos estables de convivencia comerán agrupados, respectando a distancia de 1,5 metros entre grupos ou establecéndose separacións física mediante uso de mámparas naqueles casos onde non sexa posible. Asignaranse postos fixos para cada quincena e garantirase a súa estanqueidade. Os monitores/as encargados/as de cada grupo estable de convivencia deberán ter un plano onde figuren os postos existentes no comedor e quen ocupa cada posto.

O número de nenos/as que conformarán cada grupo de convivencia será de 25 nenos/as como norma xeral, aínda que nalgún centro pode haber grupos de 12 (en primaria) e de 8 (en infantil). A ratio de monitores/as será de 2/25 en primaria e en infantil (1/11 en primaria e 1/8 en infantil para grupos que conten cun só monitor/a).

O límite de prazas da Escola de Verán definirase por grupo estable de convivencia, por centro e por quincena.

Podes consultar aquí o Plan de adaptación completo que inclúe os grupos estables por quincenas e centros