- Tematica
Os grupos estables de convivencia terán en todo momento un distanciamento físico de 1,5 metros respecto do resto dos grupos, e procurarase que nas actividades ao aire libre cada grupo teña unha zona asignada e diferenciada do resto de grupos.
En relación ao uso do espazo de comedor, os grupos estables de convivencia comerán agrupados, respectando a distancia de 1,5 metros entre grupos ou establecéndose separacións física mediante uso de mámparas naqueles casos onde non sexa posible. Asignaranse postos fixos para cada quincena e garantirase a súa estanqueidade. Os monitores/as encargados/as de cada grupo estable de convivencia deberán ter un plano onde figuren os postos existentes no comedor e quen ocupa cada posto.
O número de nenos/as que conformarán cada grupo de convivencia será de 25 nenos/as como norma xeral, aínda que nalgún centro pode haber grupos de 12 (en primaria) e de 8 (en infantil). A ratio de monitores/as será de 2/25 en primaria e en infantil (1/11 en primaria e 1/8 en infantil para grupos que conten cun só monitor/a).
O límite de prazas da Escola de Verán definirase por grupo estable de convivencia, por centro e por quincena.
Podes consultar aquí o Plan de adaptación completo que inclúe os grupos estables por quincenas e centros