Solapas principales

O 14 de xuño abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación de xullo

De Viernes, 11 Junio, 2021 hasta Viernes, 25 Junio, 2021
Do 14 ao 25 de xuño estará aberto o prazo para inscribirse nos curso de natación que se imparte, de luns a venres, no mes de xullo, nas piscinas descubertas municipais. O prezo é de 20 euros ( 10 euros no caso de ser 2º membro e 5 euros, terceiros e restantes).

Deberase inscribir a través da plataforma Cronos, entregando a folla de autoliquidación pagada, que deberá solicitarse nas oficinas de Recadación de xeito presencial, en Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, nº 6) ou no O Milladoiro (Rúa
Viorneira, nº 6), ou tamén no correo electrónico ames@canaltributos.com (Tel: 981 88 48 96).

A inscrición realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Para poder inscribirse é necesario darse de alta seguindo as indicacións da propia plataforma. No caso dun/dunha menor, primeiro deberá de darse de alta o pai, nai ou titor como titular (tipo de rexistro). Despois darase de alta o/a menor como beneficiario/a (tipo de rexistro). Instrucións da plataforma Cronos para realizar a preinscrición de menores.

* Posibilidade de facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.

Posteriormente, o 12 de xullo abrirase o prazo para inscribrise, ata o 23 de xullo, nos cursos de natación que se impartirán en agosto.