- Tematica
Deberase inscribir a través da plataforma Cronos, entregando a folla de autoliquidación pagada, que deberá solicitarse nas oficinas de Recadación de xeito presencial, en Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, nº 6) ou no O Milladoiro (Rúa
Viorneira, nº 6), ou tamén no correo electrónico ames@canaltributos.com (Tel: 981 88 48 96).
A inscrición realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Para poder inscribirse é necesario darse de alta seguindo as indicacións da propia plataforma. No caso dun/dunha menor, primeiro deberá de darse de alta o pai, nai ou titor como titular (tipo de rexistro). Despois darase de alta o/a menor como beneficiario/a (tipo de rexistro). Instrucións da plataforma Cronos para realizar a preinscrición de menores.
* Posibilidade de facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.
Posteriormente, o 12 de xullo abrirase o prazo para inscribrise, ata o 23 de xullo, nos cursos de natación que se impartirán en agosto.