Avisos

Por ejemplo, 01-06-2025
Por ejemplo, 01-06-2025
Miércoles, 3 abril, 2019
A Aula de Informática do Milladoiro xa ten aberto o prazo de inscrición para anotarse nos cursos que se impartirán nas súas instalacións os meses de abril, maio, xuño e xullo. A oferta está formada por un obradoiro de elaboración de documentos con LibreOffice Writer, que terá lugar en abril; unhas xornadas de Internet para usuarios con nivel medio, que se desenvolverán en maio; e dous cursos de mecanografía para os meses de xuño e xullo. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a solicitude de inscrición para algún dos diferentes obradoiros, que son gratuítos.
Miércoles, 3 abril, 2019
Este xoves, 4 de abril, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.
Martes, 2 abril, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de solicitudes admitidas no programa Primavera Lúdica. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas, que tamén poden ser consultadas nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.
Lunes, 1 abril, 2019
O Concello de Ames e maila organización Acción contra a Fame poñen en marcha unha nova edición do programa Vives Emprende, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. Deste xeito, durante o mes de abril impartiranse un total de 7 talleres formativos. Os dous primeiros impartiranse esta semana cunha xornada sobre novidades laborais e outra sobre a análise da idea de negocio.
Viernes, 29 marzo, 2019
Este sábado, 30 de marzo, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, eleccións que terán lugar o domingo, 28 de abril. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. Un total de 24.007 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.
Viernes, 29 marzo, 2019
Dende o Concello de Ames infórmase que a Aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, dispón dun novo número de teléfono: 682 37 37 53. Para poñerse en contacto co persoal da Aula CeMIT pódese chamar a dito número de teléfono, acceder á páxina web https://cemit.xunta.gal/gl/centro/9 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal
Miércoles, 20 marzo, 2019
A Concellaría de Medio Ambiente organizou unha serie de charlas informativas sobre a avespa velutina, ao abeiro dunha campaña de mitigación da invasión da vespa asiática, a través da impartición de dúas charlas informativas que corren a cargo do entomólogo e técnico de Protección Civil de Cambre, Lolo Andrade. A primeira actividade realizouse o xoves 14 de marzo, no Local social de Bugallido. A segunda charla impartirase este xoves, 21 de marzo, no Local social de Tapia ás 20.00 horas.
Miércoles, 20 marzo, 2019
O Pleno do Concello de Ames, en sesión extraordinaria de data 14 de marzo de 2019, aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2019 xunto cos cadros de persoal do exercicio.
Viernes, 15 marzo, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de solicitudes admitidas no programa Primavera Lúdica. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas, que tamén poden ser consultadas nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.
Jueves, 14 marzo, 2019
Dende a Concellaría de Promoción Económica informan de que quedan 7 prazas vacantes no curso de "Enerxías renovables e mantemento de instalacións eléctricas, fontanería e calefacción", que está dirixido a persoas en situación de desemprego dos Concello de Ames e Brión. As prazas para participar neste curso son limitadas. O obxectivo do curso é a preparación dos participantes para que adquiran os coñecementos necesarios que lles permitan instalar, dimensionar e manter instalacións de enerxías renovables (solar térmica), instalacións caloríficas, así como as nocións básicas de mantemento de fontanería e calefacción e instalacións eléctricas.