Avisos
Martes, 29 abril, 2025
Hoxe, martes 29 de abril, o Concello de Ames non poderá prestar os servizos municipais de conciliación de comedor escolar e Tardes Divertidas, debido á suspensión da actividade lectiva tras a incidencia do apagón de onte. O resto de servizos municipais funcionarán con normalidade: Escola Municipal de Música, Escolas Deportivas e Amessan. Agradecemos a vosa comprensión e pedimos desculpas polas molestias.
Luns, 28 abril, 2025
Ata o 7 de maio está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2024, a través dunha enquisa que se pode atopar neste aviso. A finalidade desta iniciativa é a participación da veciñanza nun dos premios que se entregarán na XVII Gala do Deporte. O evento celebrarase o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns.
Venres, 25 abril, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 25 abril, 2025
Dende o Concello de Ames infórmase que debido á posibilidade de que este venres pola tarde caía algún chuvasco, trasládase o IV Encontro das Escolas Municipais de Música ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O horario de inicio mantense para as 19.00 horas. Nesta cuarta edición da xuntanza participarán, ademais do alumnado da propia Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), as Escolas Municipais de Música de Muros e Caldas de Reis, o gañador do concurso "Quero Cantar" na categoría infantil, Gael, e as gañadoras dese mesmo certame na categoría xuvenil, Emma e Candela. A EMMA está a celebrar o seu vinte aniversario.
Venres, 25 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do nomeamento de funcionario/a interina por programa no posto de axente local de innovación, así como a creación dunha lista de agarda para cubrir posibles substitucións neste posto.
Venres, 25 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o das actas da constitución do tribunal e da fase de realización e corección da proba de galego para os/as aspirantes que non teñan acreditado o CELGA 1 do proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
Venres, 25 abril, 2025
O prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño, está aberto ata o vindeiro 7 de maio de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Venres, 25 abril, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Luns, 21 abril, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Luns, 21 abril, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 24 e 25 de abril en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
- 1 de 135
- seguinte ›