Agenda

Por ejemplo, 09-11-2024
Domingo, 10 de noviembre de 2024

O partido de fútbol que se disputará o domingo 10 de novembro, ás 17:00 horas, no campo municipal de Bertamiráns entre o Bertamiráns FC e mailo Bastavales UD terá un claro compoñente solidario: os fondos que se consigan servirán para apoiar a campaña solidaria de emerxencia impulsada por SOGAPS con motivo da crise humanitaria provocada polas intensas choivas, que derrubaron numerosas infraestruturas, tanto de vivendas particulares como de asistencia á comunidade, e provocaron a evacuación de máis de 600 familias. Ademais, tamén foron destruídos centros educativos e médicos, polo que practicamente todo o material quedou inutilizable.

De Martes, 12 de Noviembre de 2024 hasta Jueves, 14 de Noviembre de 2024

Os días 12, 13 e 14 de outubro a biblioteca de Bertamiráns acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 4 e o 9 de novembro chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Martes, 12 de noviembre de 2024

O sétimo arte ten un oco na programación de outono a través da iniciativa “Cine Outono”, que recolle a proxección de tres filmes na Casa da Cultura do Milladoiro durante o mes de novembro, sempre ás 20:00 horas. A primeira será “As Neves”, o día 12; de seguido chegará “Cuñados” o 19 de novembro; e pechará o ciclo o filme “Os espazos en branco o día 26.

Martes, 12 de noviembre de 2024

O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións. O 12 de novembro haberá unha xuntanza no local social de Lens, ás 20.00 horas.

De Jueves, 14 de Noviembre de 2024 hasta Domingo, 17 de Noviembre de 2024

O Festival internacional de cinema infantil Cinema Miúdo chega ás Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns os días 14, 15, 16 e 17 de novembro. Serán catro días cheos de cinema infantil e familiar para promover o gusto polo séptimo arte entre as crianzas.

Jueves, 14 de noviembre de 2024

O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións. O 14 de novembro haberá unha xuntanza no local social de Ortoño (A Tarroeira), ás 20.00 horas.

Jueves, 14 de noviembre de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

De Jueves, 14 de Noviembre de 2024 hasta Domingo, 17 de Noviembre de 2024

O festival internacional de cinema infantil de Ames celebrará a súa sétima edición entre o 14 e o 17 de novembro, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O certame está xestionado por terceiro ano pola entidade cultural galega Abella Producións, que desvela hoxe o cartel e temática deste ano: os pioneiros do cinema.

De Viernes, 15 de Noviembre de 2024 hasta Sábado, 16 de Noviembre de 2024

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro para a rapazada a partir de 3º de Primaria, "Autos tolos". Celebrarase na biblioteca do Milladoiro o venres 15 de novembro, ás 17:00 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 16, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 5 ata o 13 de novembro, chamando aos números 981 53 08 07 / 981 88 48 29 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

Sábado, 16 de noviembre de 2024

O sábado 16 de novembro, de 11:00 a 18:00 horas, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de elaboración artesanal de chourizos dirixido a público infantil. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón