Agenda
Dentro da programación de Nadal, Papá Noel estará en Bertamiráns, na Casa dos Maiores o sábado 21 en horario de 11.00 a 13.30 pola mañá e de 17.00 a 20.30 pola tarde.
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa de Andainas Saudables, organiza para o vindeiro 21 de decembro un novo percorrido enmarcado na actividade do Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía. Desta volta, percorrerase a segunda etapa, de 17 quilómetros aproximadamente, e que vai dende Ponte Maceira a Vilaserío. Hai 50 prazas dispoñibles para participar, as persoas interesadas poden inscribirse cubrindo o correspondente formulario ata o vindeiro mércores 18 de decembro ás 14.00 horas. Terán prioridade as persoas empadroadas en Ames. Volverá a habilitarse servizo de autobuses desde os dous núcleos urbanos do municipio; ás 9:00 horas desde a Casa da Cultura de Milladoiro e ás 9:15 desde a Casa do Concello de Bertamiráns.
A localidade de Bertamiráns acolle o domingo, 22 de decembro, a partir das 11.00 horas, a décimo sétima edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela participarán tanto adultos como os máis pequenos da casa. As inscricións para os/as ciclistas federados/as poden facerse na páxina web da federación (tamén o poden facer o propio día da carreira), mentres que as persoas non federadas teñen que enviar un correo electrónico a begonaalonso@mundo-r.com ou chamar ao número de teléfono 677 555 748. Em ambos casos as inscricións poden tramitarse ata o venres 13 de decembro.
Dentro da programación de Nadal, Papá Noel estará no Milladoiro, no Centro Social, o luns 23 en horario de 11.00 a 13.30 pola mañá e de 17.00 a 19.30 pola tarde.
As personaxes de "Disney" volverán unha ano máis aos principais núcleos urbanos de Ames para visitar aos máis cativos do municipio nestas datas. A súa primeira parada será no Centro Social do Milladoiro o venres 27, en horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde.
As personaxes de "Disney" volverán unha ano máis aos principais núcleos urbanos de Ames para visitar aos máis cativos do municipio nestas datas. A súa segunda parada será na Casa dos Maiores de Bertamiráns o sábado 28, en horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde.
Unha das novidades deste ano no programa de Nadal en Ames é a carreira de obstáculos “Gladiator Kids” o sábado 28, ás 16.30 horas na Área deportiva do Milladoiro. Unha actividade dirixida aos pequenos de entre 3 e 12 anos na que poñerán a proba a súa resistencia e forza con retos adaptados a eles. Con todo, os pais tamén poden inscribirse para participar e pasar así unha xornada familiar diferente.
A veciñanza de Ames poderá gozar un ano máis das xa tradicionais prebadaladas. Desta volta, terán lugar o martes 31 de decembro, ás 11.00 horas, na Praza do Concello en Bertamiráns. Ademais de tomar as 12 uvas simulando a entrada do ano novo, os asistentes poderán gozar das actuacións dos gañadores do Canta con Ames e participar na Xincana Xove.
Os Reis Magos tamén visitarán as diferentes localidades de Ames, comezando polos dous núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns o venres 3 de xaneiro, de 16.30 a 20.00 horas e o sábado 4, pola mañá de 11.30 a 14.00 horas e pola tarde de 16.30 a 20.00 horas. O domingo 5 os Reis Magos percorrerán as diferentes parroquias de Ames.
Dentro da programación do Nadal en Ames, celebrarase o Concerto de Reis o sábado 4 de xaneiro. Desta volta, haberá unha actuación de corais no Auditorio do Milladoiro ás 19.00 horas. Os convites poden adquirirse na Billeteira Electrónica do Concello de Ames.
- 1 de 3
- siguiente ›