Viernes, 25 noviembre, 2022
A partir das 17:00 horas
Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas, como o obradoiro creativo de creación dun zootropo, un xoguete óptico moi popular no século XIX.
A axenda de actividades dará comezo o venres 25 de novembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A sesión de inauguración correrá a cargo do paiaso Globotolo, e os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames. Posteriormente proxectaranse as primeiras curtas da sección Axóuxeres (nenos e nenas a partir de 2 anos) e da sección Buxainas (a partir de sete anos).