Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas, como o obradoiro creativo de creación dun zootropo, un xoguete óptico moi popular no século XIX.
A axenda de actividades dará comezo o venres 25 de novembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, coa inauguración do festival. Posteriormente proxectaranse as primeiras curtas da sección Axóuxeres (nenos e nenas a partir de 2 anos) e da sección Buxainas (a partir de sete anos). Os convites para asistir á inauguración, á clausura e á proxección de curtas xa se poden retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames.