As máis de 2.000 persoas que xa están rexistradas na Billeteira electrónica do Concello de Ames poderán ver dende hoxe un novo deseño da web, que engade novas funcionalidades, como a compra de bonos culturais, ou a mellora ... |
Logo de que a situación de pandemia impedise as últimas celebracións da Festa de Amessan, a Casa de Cultura de Bertamiráns acolleu esta fin de semana o Festival de Nadal deste programa de envellecemento activo que organiza a concellaría de Benestar e Voluntariado. Os grupos de pandereteiras ... |
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este pasado xoves 16 de decembro a gala de entrega de premios da sétima edición do certame de fotografía comercial “Parque Empresarial Novo Milladoiro”. Presentada por Quico Cadaval e coa música de Gerson Tineo, as tres asociacións de ... |
A unidade móbil de doazón de sangue fará dúas paradas en Ames na penúltima semana do ano. O martes 21 de decembro estará no Milladoiro, de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas, na Rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. Ademais, coincidindo con Noiteboa, o venres 24 de ... |
AVISOS
No enlace que está ao pé pódese consultar o resultado do segundo exercicio (proba práctica) para a cobertura dunha praza de oficial xardiñeiro mediante promoción interna.
|
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
|
O Departamento de Educación informa de que os recibos correspondentes ao pasado mes de novembro, dos servizos complementarios de conciliación Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas, serán cargados na entidade bancaria correspondente a partir do luns, 27 de decembro de 2021.
|