Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 21 de decembro de 2021

NOVAS

As máis de 2.000 persoas que xa están rexistradas na Billeteira electrónica do Concello de Ames poderán ver dende hoxe un novo deseño da web, que engade novas funcionalidades, como a compra de bonos culturais, ou a mellora ...

Logo de que a situación de pandemia impedise as últimas celebracións da Festa de Amessan, a Casa de Cultura de Bertamiráns acolleu esta fin de semana o Festival de Nadal deste programa de envellecemento activo que organiza a concellaría de Benestar e Voluntariado. Os grupos de pandereteiras ...

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este pasado xoves 16 de decembro a gala de entrega de premios da sétima edición do certame de fotografía comercial “Parque Empresarial Novo Milladoiro”. Presentada por Quico Cadaval e coa música de Gerson Tineo, as tres asociacións de ...

A unidade móbil de doazón de sangue fará dúas paradas en Ames na penúltima semana do ano. O martes 21 de decembro estará no Milladoiro, de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas, na Rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. Ademais, coincidindo con Noiteboa, o venres 24 de ...

AVISOS

No enlace que está ao pé pódese consultar o resultado do segundo exercicio (proba práctica) para a cobertura dunha praza de oficial xardiñeiro mediante promoción interna.
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Departamento de Educación informa de que os recibos correspondentes ao pasado mes de novembro, dos servizos complementarios de conciliación Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas, serán cargados na entidade bancaria correspondente a partir do luns, 27 de decembro de 2021.