
Solapas principales
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

No pleno de febreiro celebrado onte, Rosalía Seijas, concelleira do Bloque Nacionalista Galego, reiterou “nós queremos unha piscina no Milladoiro,pero non a calquera prezo. Apostamos por inversións para os veciños e veciñas, pero inversións sostibles e é por iso que, sendo prudentes, non podemos apoiar este proxecto, apoialo sería apoiar a privatización do aparcadoiro, apoiar hipotecar ao concello a 35 anos ao devir dunha concesionaria e apoiar negarlle á veciñanza do Milladoiro un espazo verde no centro da súa vila”.
O BNG de Ames presentou unha moción para que todas as concelleiras e concelleiros defendan ás traballadoras. Solicitan tamén que a Xunta de Galiza medie no conflito garantindo a readmisión dunha asalariada despedida e o cumprimento dos dereitos laborais do persoal. Ademais reclaman que o Concello de Ames estableza os contactos necesarios con Política Social para acadar unha solución eficaz e que as familias amesás non vexan os seus servizos educativos minguados.
O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego, Carlos Vieito, manifestou na última sesión plenaria do Concello de Ames a oposición dos nacionalistas ao novo regulamento dos servizos municipais de comedores escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, aprobado polo goberno en minoría do PSOE co apoio do Partido Popular. Este novo regulamento “supón un claro recorte nos dereitos e na calidade dos servizos ofrecidos ás familias e ao alumnado de Ames” salientou.
Os eventos meteorolóxicos extremos son cada vez máis frecuentes debido ao cambio climático. Estes eventos afectan de xeito importante a zonas como Bertamiráns e Milladoiro, onde a urbanización aumentou de xeito considerable a impermeabilización do solo, o que dificulta a evacuación natural da auga, sumado todo isto á falla de limpeza de cunetas e desaugadoiros. As consecuencias son, maioritariamente, danos en vivendas, comercios, infraestruturas públicas e vías de comunicación.
A realización da segunda fase da senda peonil Reino-Pontemaceira, a cuberta do anfiteatro do Milladoiro ou a pavimentación e arranxo definitivo do aparcamento público situado detrás da policía local de Bertamiráns son algunhas das actuacións que o grupo municipal considera prioritarias
- 1 de 2
- siguiente ›