Solapas principales

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG  de Ames analiza con Goretti Sanmartín e membros do equipo de goberno temas comúns a ambos concellos
Martes, 15 de abril de 2025

Escarlata Pampín, voceira do grupo municipal do BNG de Ames, incidiu  en que “para o noso  grupo é prioritario que a veciñanza conte cun parque comarcal de bombeiros” e engadiu. “esta necesidade vén xa de moitos anos atrás,  Ames, polo censo que ten, está  obrigado a contar cun servizo propio de bombeiros e seguimos carecendo desta prestación absolutamente imprescindible”.

O BNG volverá a reclamar a gratuidade da AP-9 e a mellora nas condicións de accesibilidade ao Polígono Novo Milladoiro
Viernes, 11 de abril de 2025

O presidente da Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro, Javier Santos, incidiu na necesidade de que o parque empresarial conte  cunha vía de acceso propia que permita que os vehículos que se dirixen diariamente ás empresas non teñan que pasar pola rotonda de entrada ao Milladoiro, mellorando así as condicións de accesibilidade.

Grupo municipal do BNG
Viernes, 28 de marzo de 2025

O Bloque Nacionalista Galego manifesta a súa preocupación polo feito de que a estas alturas do ano, Ames non conte co orzamento municipal actualizado  e que nin tan sequera comenzaran as negociacións coa oposición.  “Esta forma de actuar rompe coa forma de proceder que se viña dando nos gobernos tripartitos nos que sempre se negociaron os presupostos,como moi tarde, no primeiro trimestre do ano” salientou a voceira do grupo municipal, Escarlata Pampín. Para os nacionalistas demostra unha carencia de proxecto, xa que os orzamentos son unha ferramenta fundamental para a planificación e execución das políticas públicas e sen orzamentos actualizados, hai investimentos moi necesarios que se ven comprometidos, “como son os utilizados para a cociña central ou  A Factoría” sinalou.

O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación  do 8M para non comprometer o congreso do PSOE
Martes, 11 de marzo de 2025

O Bloque Nacionalista Galego de Ames quere manifestar o seu profundo rexeitamento á decisión do alcalde de Ames de adiar os actos de reivindicación do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, coa escusa das condicións meteorolóxicas adversas. Consideramos que este aprazamento non responde a razóns climatolóxicas, senón á vontade de non interferir no congreso rexional do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), celebrado esta fin de semana.

O BNG propón un proxecto alternativo de centro deportivo con piscina no Milladoiro que estaría situado onda o novo colexio
Viernes, 28 de febrero de 2025

No pleno de febreiro celebrado onte, Rosalía Seijas, concelleira do Bloque Nacionalista Galego, reiterou “nós queremos unha piscina no Milladoiro,pero non a  calquera prezo. Apostamos  por inversións para os veciños e veciñas, pero inversións sostibles e é por iso que, sendo prudentes, non podemos apoiar este proxecto, apoialo  sería apoiar a privatización do aparcadoiro, apoiar hipotecar ao concello a 35 anos ao devir dunha concesionaria e apoiar negarlle á veciñanza do Milladoiro un espazo verde no centro da súa vila”.