Solapas principales

Actualización do aforo dos parques infantís do Milladoiro debido ás restricións ditadas pola Xunta de Galicia

Jueves, 24 de septiembre de 2020

En aplicación das medidas establecidas dende hoxe, 24 de setembro, pola Consellería de Sanidade, para a localidade do Milladoiro, procedeuse a actualizar o aforo dos parques infantís que se atopan nesta localidade amesá. Deste xeito, haberá aforo limitado e debidamente sinalizado para cada parque infantil. É obrigatorio o uso de máscara; hai que manter a distancia de seguridade interpersoal; e cada usuario/a debe aplicarse xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. A apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas. No aforo establecido para cada parque contabilízase aos neno/as e aos adultos.

A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de toda a localidade do Milladoiro no conxunto de localidades e concellos con medidas de restrición pola Covid-19. Debido a ditas restricións houbo que actualizar o aforo dos parques infantís do Milladoiro. Na área de xogo de cada parque infantil poderá haber como máximo o número de persoas que se especifica a continuación. No aforo establecido para cada parque contabilízase aos neno/as e aos adultos.

-Parque da praza de Correos (aforo máximo de 20 persoas).
-Parque Santander (aforo máximo de 14 persoas).
-Parque de Seidón (aforo máximo de 25 persoas).
-Parque de Estivada de Castelao (aforo máximo de 25 persoas).
-Parque da rúa Travesa (aforo máximo de 30 persoas).
-Parques da Travesía do Porto (aforo máximo de 30 persoas).
-Parque da rúa Pardiñeiros Grande (aforo máximo de 30 persoas).
-Parque da rúa Pardiñeiros Pequeno (aforo máximo de 15 persoas).
-Parque da praza Manuel Murguía (aforo máximo de 15 persoas).

Nestes parque infantís haberá aforo limitado, que estará debidamente sinalizado en cada parque. Para poder empregalos é obrigatorio o uso de máscara; hai que manter a distancia de seguridade interpersoal; e cada usuario/a debe aplicarse xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. A apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas.

Dende o Concello de Ames prégase á cidadanía amesá concienciación e responsabilidade, e o cumprimento das normas polo ben común, para evitar así retrocesos no control da pandemia da Covid-19

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Actualización do aforo dos parques infantís do Milladoiro debido ás restricións polo covid-19"

Compostela 24 horas: "Actualización do aforo dos parques infantís do Milladoiro debido ás restricións"

Cartel aforo parques infantís.