- Tematica
En aplicación das medidas establecidas dende hoxe, 24 de setembro, pola Consellería de Sanidade, para a localidade do Milladoiro, procedeuse a actualizar o aforo dos parques infantís que se atopan nesta localidade amesá. Deste xeito, haberá aforo limitado e debidamente sinalizado para cada parque infantil. É obrigatorio o uso de máscara; hai que manter a distancia de seguridade interpersoal; e cada usuario/a debe aplicarse xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. A apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas. No aforo establecido para cada parque contabilízase aos neno/as e aos adultos.
A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de toda a localidade do Milladoiro no conxunto de localidades e concellos con medidas de restrición pola Covid-19. Debido a ditas restricións houbo que actualizar o aforo dos parques infantís do Milladoiro. Na área de xogo de cada parque infantil poderá haber como máximo o número de persoas que se especifica a continuación. No aforo establecido para cada parque contabilízase aos neno/as e aos adultos.
-Parque da praza de Correos (aforo máximo de 20 persoas).
-Parque Santander (aforo máximo de 14 persoas).
-Parque de Seidón (aforo máximo de 25 persoas).
-Parque de Estivada de Castelao (aforo máximo de 25 persoas).
-Parque da rúa Travesa (aforo máximo de 30 persoas).
-Parques da Travesía do Porto (aforo máximo de 30 persoas).
-Parque da rúa Pardiñeiros Grande (aforo máximo de 30 persoas).
-Parque da rúa Pardiñeiros Pequeno (aforo máximo de 15 persoas).
-Parque da praza Manuel Murguía (aforo máximo de 15 persoas).
Nestes parque infantís haberá aforo limitado, que estará debidamente sinalizado en cada parque. Para poder empregalos é obrigatorio o uso de máscara; hai que manter a distancia de seguridade interpersoal; e cada usuario/a debe aplicarse xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. A apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas.
Dende o Concello de Ames prégase á cidadanía amesá concienciación e responsabilidade, e o cumprimento das normas polo ben común, para evitar así retrocesos no control da pandemia da Covid-19.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Actualización do aforo dos parques infantís do Milladoiro debido ás restricións polo covid-19"
Compostela 24 horas: "Actualización do aforo dos parques infantís do Milladoiro debido ás restricións"