- Tematica
A asociación de veciños e veciñas O Reguiño, de Raíces e Casanova, puxo en marcha unha nova iniciativa para este Entroido. Consistiu nun concurso de disfraces, no que se valoraría se eran reciclados, onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. Ademais, os nenos e nenas destes lugares da parroquia de Buduído recibiron doces que repartiron dende a asociación.
As familias das aldeas de Raíces e Casanova, pertencentes á parroquia de Biduído, puideron desfrutar da festa do entroido a pesar das restricións vixentes pola Covid-19, grazas a unha nova iniciativa posta en marcha pola asociación veciñal O Reguiño. O obxectivo do concurso “Entroido Juasapeiro” foi achegar alegría, cor e disfraces, entre a veciñanza destes lugares.
Esta iniciativa consistiu nun concurso de disfraces onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. As familias debían escoller un espazo das aldeas da parroquia de Biduído e explicar, na mensaxe, porque selecionaban ese espazo e facer unha presentación do disfraz. No concurso valorouse que os disfraces estivesen feitos de materias reciclados, así como a creatividade.
O primeiro premio outorgouse á familia Rojas Ponte, que se presentou disfrazada de pallasos e pallasas. O segundo posto conseguírono dous cativos cos disfraces “Ratiño e Ratiña”, mentres os Anxos de Raíces acadaron o terceiro premio.
O cuarto premio foi para a “Superheroína que recicla o mundo”, un disfrace co que se pretende reivindicar a importancia de coidar o medio ambiente. Por último, o quinto premio gañouno “O lobiño galego boiño”, un homenaxe á fauna autóctona de Galicia. Ademais, a asociación O Reguiño repartiu doces entre os rapaces e rapazas da parroquia.
O Reguiño pretende continuar celebrando este concurso de disfraces nos próximos anos pero dun xeito máis achegado e festivo, se as condicións sanitarias o permiten.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Nace el Entroido Juasapeiro de Ames para celebrar un carnaval seguro y sostenible"