Pestanas principais

A Asociación veciñal O Reguiño celebrou a primeira edición do concurso “Entroido Juasapeiro”

Martes, 23 de febreiro de 2021

A asociación de veciños e veciñas O Reguiño, de Raíces e Casanova, puxo en marcha unha nova iniciativa para este Entroido. Consistiu nun concurso de disfraces, no que se valoraría se eran reciclados,  onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. Ademais, os nenos e nenas destes lugares da parroquia de Buduído recibiron doces que repartiron dende a asociación.

As familias das aldeas de Raíces e Casanova, pertencentes á parroquia de Biduído, puideron desfrutar da festa do entroido a pesar das restricións vixentes pola Covid-19, grazas a unha nova iniciativa posta en marcha pola asociación veciñal O Reguiño. O obxectivo do concurso “Entroido Juasapeiro” foi achegar alegría, cor e disfraces, entre a veciñanza destes lugares.

Esta iniciativa consistiu nun concurso de disfraces onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. As familias debían escoller un espazo das aldeas da parroquia de Biduído e explicar, na mensaxe, porque selecionaban ese espazo e facer unha presentación do disfraz. No concurso valorouse que os disfraces estivesen feitos de materias reciclados, así como a creatividade.

O primeiro premio outorgouse á familia Rojas Ponte, que se presentou disfrazada de pallasos e pallasas. O segundo posto conseguírono dous cativos cos disfraces “Ratiño e Ratiña”, mentres os Anxos de Raíces acadaron o terceiro premio.

O cuarto premio foi para a “Superheroína que recicla o mundo”, un disfrace co que se pretende reivindicar a importancia de coidar o medio ambiente. Por último, o quinto premio gañouno “O lobiño galego boiño”, un homenaxe á fauna autóctona de Galicia. Ademais, a asociación O Reguiño repartiu doces entre os rapaces e rapazas da parroquia.

O Reguiño pretende continuar celebrando este concurso de disfraces nos próximos anos pero dun xeito máis achegado e festivo, se as condicións sanitarias o permiten.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Nace el Entroido Juasapeiro de Ames para celebrar un carnaval seguro y sostenible"

Primeiro premio. Familia Rojas-Ponte.

Multimedia

  • 2º A ratiña e o ratiño da Carballeira
  • 3º Anxos de Raíces
  • 4º Superheroiña que recicla o mundo
  • 5 premio O lobiño galego boíño
  • Entroido Juasapeiro
  • Entroido Juasapeiro