Jueves, 18 de julio de 2019
- Tematica
A parroquia de Bugallido organiza esta fin de semana un domingo de festa para celebrar a conmemoración da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A celebración estará marcada pola música e actividades para nenos e nenas.
O domingo a festa comezará ás 12.15 horas cunha misa solemne na capela de San Pedro de Bugallido. A continuación desenvolverase unha procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Castros, trala que terá lugar a sesión vermú a cargo do Dúo Rosán, formado por Rosa e Ángel.
Xa pola tarde, a partir das 16.30h, os cativos e cativas poderán gozar de inchables e xogos. Pola noite terá lugar a gran verbena das festas, na que volverá a actuar o Dúo Rosán, nesta ocasión acompañado pola orquestra Galilea.