Pestanas principais

Bugallido celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme este domingo

Xoves, 18 de xullo de 2019

A parroquia de Bugallido organiza esta fin de semana un domingo de festa para celebrar a conmemoración da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A celebración estará marcada pola música e actividades para nenos e nenas.

O domingo a festa comezará ás 12.15 horas cunha misa solemne na capela de San Pedro de Bugallido. A continuación desenvolverase unha procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Castros, trala que terá lugar a sesión vermú a cargo do Dúo Rosán, formado por Rosa e Ángel.

Xa pola tarde, a partir das 16.30h, os cativos e cativas poderán gozar de inchables e xogos. Pola noite terá lugar a gran verbena das festas, na que volverá a actuar o Dúo Rosán, nesta ocasión acompañado pola orquestra Galilea.

Ligazóns:

Compostela 24h: "Bugallido celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme hoxe"

Cartel festa da Virxe do Carme de Bugallido