Solapas principales

David López e Puri Cariñena acadan catro medallas para o club de atletismo Millaraio no campionato de Galicia máster en pista cuberta

Viernes, 06 de marzo de 2020

Os/as atletas do club de atletismo Millaraio seguen acadando moi bos resultados nas probas nas que participan. Neste caso David López e  Puri Cariñena conseguiron unha medalla de ouro e outra de bronce cada un no campionato de Galicia máster en pista cuberta celebrado o pasado 22 de febreiro en Ourense. Ademais, oito atletas deste club amesán participaron no campionato de Galicia absoluto de pista cuberta, sendo cinco aínda da categoría sub18.

O pasado sábado, 22 de febreiro, celebrouse na pista cuberta de Expourense o campionato de Galicia máster en pista cuberta, no que participaron dous atletas do Club Atletismo Millaraio acadando catro medallas: ouro para David López Vilariño, en salto con pértega M45, e para Puri Cariñena, en 400m F45; e bronce para David López Vilariño, en salto de altura M45, e para Puri Cariñena, en 200m F45.

Ademais, o domingo 23 de febreiro oito atletas do club participaron no campionato de Galicia absoluto de pista cuberta, sendo cinco aínda da categoría sub18 (Manuela Raviña, Carla Pérez, Uxía Rey, Mateo Aller e Diego Liñares) e tres da categoría sub16 (Asier Cabo, Daniel Cariñena e Matías Barca).

Manuela Raviña conseguiu chegar á final dos 60m, quedando finalmente na sexta posición. Asier Cabo foi quinto no triplo salto, cun rexistro de 12,30m que é a mínima para o nacional sub16. Mateo Aller foi quinto no salto de altura e décimo no de lonxitude. Carla Pérez foi novena nos 400m vencendo na súa serie. Uxía Rey participou na primeira ronda dos 60m, o mesmo que Asier Cabo, Daniel Cariñena, Matías Barca e Diego Liñares.

Podio salto de altura

Multimedia

  • Podio salto de altura
  • Podio 400 master