Solapas principales

Dous atletas do club Ames Atletismo participaron no Campionato de España sub 18 disputado en Málaga

Martes, 16 de julio de 2024

Os días 6 e 7 de xullo Nicolás Collazo e María Estévez, dous atletas do club Ames Atletismo, acudiron ao Campionato de España sub 18 que se disputou en Málaga. A atleta amesá María Estévez acadou o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos, mentres que Nico Collazo obtivo o sexto posto en 5 quilómetros marcha. Ambos atletas obtiveron uns excelentes resultados en dito campionato. Ademais, o club Ames Atletismo participou no Campionato Galego sub 16 de Pontevedra cunha moi boa actuación dos 6 atletas que representaron al club amesán. O club Ames Atletismo pechou a temporada coa participación de María Vázquez e María Villaverde no Campionato Galego sub 20, onde obtiveron catro medallas.

O club Ames Atletismo dá conta dos últimos resultados obtidos nos últimos campionatos que participou durante esta temporada. En primeiro lugar destaca a participación do club no Campionato de España sub 18, que tivo lugar en Málaga os días 6 e 7 de xullo. En dito campionato participaron a atleta María Estévez, que conseguiu o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos, e Nicolás Collazo,  que conseguiu o sexto posto en 5 quilómetros marcha. Dende o club amesán destacan os bos resultados destes dous atletas que realizaron unha gran temporada.

Campionato galego sub 16
Ademais, o club Ames Atletismo participou no Campionato Galego sub 16 de Pontevedra cunha moi boa actuación dos 6 atletas que representaron al club amesán. Andrés Villaverde conseguiu o sétimo posto en xavelina e tamén competiu na proba de 100 metros lisos.
 
Carlos Blanco conseguiu meterse na final de 100 metros lisos coa súa mellor marca persoal e rematou en sétima posición. Na proba de 300 metros lisos volveu a conseguir a súa mellor marca persoal, ganando a súa serie e colocándose oitavo de Galicia.

Elena Carballo logrou a undécima posición en el triplo salto. A xornada rematou co equipo de relevo 4x100 formado por Uxía Asorey, Elena Carballo, Noa Planas e Noa Jamardo que competiron de forma fantástica.

Campionato galego sub 20
O club Ames Atletismo pechou a temporada coa participación de María Vázquez e María Villaverde no Campionato Galego sub 20, que obtiveron catro medallas. María Vázquez logrou o título de subcampioa galega en lanzamento de martelo, mentres que María Villaverde logrou tres medallas: bronce no lanzamento de peso e dúas pratas en lanzamento de xavelina e no relevo 4x100, participando co Ourense Atletismo, club que está asociado ao Ames Atletismo.

A atleta amesá María Estévez acadou o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos

Multimedia

  • Nico Collazo obtivo o sexto posto en 5 quilómetros marcha
  • María Vázquez logrou o título de subcampioa galega en lanzamento de martelo
  • María Villaverde logrou tres medallas
  • Equipo de relevo 4x100 formado por Uxía Asorey, Elena Carballo, Noa Planas e Noa Jamardo
  • Carlos Blanco conseguiu meterse na final de 100 metros lisos coa súa mellor marca persoal e rematou en sétima posición
  • O club Ames Atletismo participou no Campionato Galego sub 16 de Pontevedra