- Tematica
Os días 6 e 7 de xullo Nicolás Collazo e María Estévez, dous atletas do club Ames Atletismo, acudiron ao Campionato de España sub 18 que se disputou en Málaga. A atleta amesá María Estévez acadou o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos, mentres que Nico Collazo obtivo o sexto posto en 5 quilómetros marcha. Ambos atletas obtiveron uns excelentes resultados en dito campionato. Ademais, o club Ames Atletismo participou no Campionato Galego sub 16 de Pontevedra cunha moi boa actuación dos 6 atletas que representaron al club amesán. O club Ames Atletismo pechou a temporada coa participación de María Vázquez e María Villaverde no Campionato Galego sub 20, onde obtiveron catro medallas.
O club Ames Atletismo dá conta dos últimos resultados obtidos nos últimos campionatos que participou durante esta temporada. En primeiro lugar destaca a participación do club no Campionato de España sub 18, que tivo lugar en Málaga os días 6 e 7 de xullo. En dito campionato participaron a atleta María Estévez, que conseguiu o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos, e Nicolás Collazo, que conseguiu o sexto posto en 5 quilómetros marcha. Dende o club amesán destacan os bos resultados destes dous atletas que realizaron unha gran temporada.
Campionato galego sub 16
Ademais, o club Ames Atletismo participou no Campionato Galego sub 16 de Pontevedra cunha moi boa actuación dos 6 atletas que representaron al club amesán. Andrés Villaverde conseguiu o sétimo posto en xavelina e tamén competiu na proba de 100 metros lisos.
Carlos Blanco conseguiu meterse na final de 100 metros lisos coa súa mellor marca persoal e rematou en sétima posición. Na proba de 300 metros lisos volveu a conseguir a súa mellor marca persoal, ganando a súa serie e colocándose oitavo de Galicia.
Elena Carballo logrou a undécima posición en el triplo salto. A xornada rematou co equipo de relevo 4x100 formado por Uxía Asorey, Elena Carballo, Noa Planas e Noa Jamardo que competiron de forma fantástica.
Campionato galego sub 20
O club Ames Atletismo pechou a temporada coa participación de María Vázquez e María Villaverde no Campionato Galego sub 20, que obtiveron catro medallas. María Vázquez logrou o título de subcampioa galega en lanzamento de martelo, mentres que María Villaverde logrou tres medallas: bronce no lanzamento de peso e dúas pratas en lanzamento de xavelina e no relevo 4x100, participando co Ourense Atletismo, club que está asociado ao Ames Atletismo.