- Tematica
Dous atletas do Club Atletismo MillaRaio, Daniel Cariñena e David García, que veñen de proclamarse campións galegos de salto de lonxitude e salto de altura, respectivamente, no recente campionato de Galicia sub18, participaron o pasado sábado, 4 de xuño, coa selección galega no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas celebrado en Valladolid, no que Galicia rematou nun excelente quinto posto. Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura. Ademais, dende o club MillaRaio lembran que proximamente estará aberto o prazo de inscrición para o campus de verán, que organizan en setembro e que se desenvolverá na area deportiva do Milladoiro.
O club de atletismo MillaRaio contou con representación na selección galega, que participou o pasado sábado, 4 de xuño, no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas celebrado en Valladolid. Daniel Cariñena e David García, que veñen de proclamarse campións galegos de salto de lonxitude e salto de altura, respectivamente, participaron en dito campionato no que Galicia rematou nun excelente quinto posto. Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura.
Cómpre lembrar que no pasado mes de maio celebrouse en Pontevedra o campionato galego sub18. En dita competición, proclamáronse campións galegos sub18 Daniel Cariñena, en salto de lonxitude; e David García, en salto de altura.
VIII Campus de Atletismo do MillaRaio
Por outra banda, dende o club de atletismo MillaRaio lembran que proximamente abrirase o prazo de inscrición para a oitava edición do campus de verán que organizan no mes de setembro e que se desenvolverá na area deportiva do Milladoiro.
O campus está aberto a nenas/os nadas/os entre 2015 e 2009 e terá lugar en horario de mañá, salvo os dous últimos días, que xa empeza o curso escolar, e trasladarase a horario de tarde. A hora de inicio prevista de mañá será a partir das 8:30 ata as 9:00 horas, e horario de recollida entre 14:00 e 14:30 horas.
Este campus está pensado como unha ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas. O campus ofrécelle aos rapaces e rapazas atletas do club a posibilidade de ir retomando a actividade e o contacto cas/os compañeiras/os despoisa das vacacións. E para os nenos e nenas de fóra do club é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.
Para dispor de máis información, pódese escribir un correo electrónico ao enderezo millaraio@gmail.com. Outra opción é consultar a paxina web do MillaRaio.