Pestanas principais

Dous atletas do MillaRaio participaron coa selección galega no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas

Martes, 14 de xuño de 2022

Dous atletas do Club Atletismo MillaRaio, Daniel Cariñena e David García, que veñen de proclamarse campións galegos de salto de lonxitude e salto de altura, respectivamente, no recente campionato de Galicia sub18, participaron o pasado sábado, 4 de xuño, coa selección galega no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas celebrado en Valladolid, no que Galicia rematou nun excelente quinto posto. Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura. Ademais, dende o club MillaRaio lembran que proximamente estará aberto o prazo de inscrición para o campus de verán, que organizan en setembro e que se desenvolverá na area deportiva do Milladoiro.

O club de atletismo MillaRaio contou con representación na selección galega, que participou o pasado sábado, 4 de xuño, no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas celebrado en Valladolid. Daniel Cariñena e David García, que veñen de proclamarse campións galegos de salto de lonxitude e salto de altura, respectivamente, participaron en dito campionato no que Galicia rematou nun excelente quinto posto. Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura.

Cómpre lembrar que no pasado mes de maio celebrouse en Pontevedra o campionato galego sub18. En dita competición, proclamáronse campións galegos sub18 Daniel Cariñena, en salto de lonxitude; e David García, en salto de altura.

VIII Campus de Atletismo do MillaRaio
Por outra banda, dende o club de atletismo MillaRaio lembran que proximamente abrirase o prazo de inscrición para a oitava edición do campus de verán que organizan no mes de setembro e que se desenvolverá na area deportiva do Milladoiro.

O campus está aberto a nenas/os nadas/os entre 2015 e 2009 e terá lugar en horario de mañá, salvo os dous últimos días, que xa empeza o curso escolar, e trasladarase a horario de tarde. A hora de inicio prevista de mañá será a partir das 8:30 ata as 9:00 horas, e horario de recollida entre 14:00 e 14:30 horas.

Este campus está pensado como unha ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas. O campus ofrécelle aos rapaces e rapazas atletas do club a posibilidade de ir retomando a actividade e o contacto cas/os compañeiras/os despoisa das vacacións. E para os nenos e nenas de fóra do club é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.

Para dispor de máis información, pódese escribir un correo electrónico ao enderezo millaraio@gmail.com. Outra opción é consultar a paxina web do MillaRaio.

Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura.

Multimedia

  • Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura.
  • Daniel Cariñena
  • David García