Solapas principales

Os patinadores do CPA Sarela Inés Peña e Jorge Sanmartín participarán esta semana na Interland Cup 2024

Martes, 22 de octubre de 2024

O club de patinaxe artística Sarela, de Bertamiráns,  contará esta semana con representación na Interland Cup, unha competición internacional que se celebra do 24 ao 26 de outubro en Alemaña. Deste xeito, os patinadores Inés Peña e Jorge Sanmartín representarán a España na categoría júnior. 

Esta semana, do 24 ao 26 de outubro, celebrarase na cidade alemá de Bonn a Interland Cup, unha competición internacional de patinaxe artística que contará con representación galega grazas a Inés Peña e Jorge Sanmartín. Grazas aos bos resultados acadados no Campionato de España, a Federación Española de Patinaxe convidou a ambos deportistas a participar nesta cita onde competirán en categoría júnior con deportistas de sete países europeos.

A competición comezará o xoves 24 de outubro, co programa curto, e o sábado 26, os patinadores do Sarela volverán competir, desta vez no programa longo: pola mañá patinará Inés, e xa pola tarde será a quenda de Jorge.

A adestradora do club, Celtia Pampín, sinala que o obxectivo nesta cita é que “ambos fagan os programas o mellor posible e que queden satisfeitos coa dúas actuación. O feito de chegar ata aquí para nós xa é un premio”. Así mesmo, destaca que esta clasificación é un merecido premio ao esforzo dos deportistas: “Hai unha parte importante de talento pero tamén de disciplina. Adícanlle moitas horas a adestrar e perfeccionar a súa técnica e os seus programas, por iso están a chegar tan lonxe nas competicións”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: " Dos jóvenes patinadores del club Sarela, en Bertamiráns, representarán a España en Alemania"

Os patinadores do CPA Sarela Inés Peña e Jorge Sanmartín participarán esta semana na Interland Cup 2024

Multimedia

  • Os patinadores do CPA Sarela Inés Peña e Jorge Sanmartín participarán esta semana na Interland Cup 2024
  • Os patinadores do CPA Sarela Inés Peña e Jorge Sanmartín participarán esta semana na Interland Cup 2024