- Tematica
Arredor de vinte persoas adultas e crianzas participaron no torneo local dos clubs de Ames, organizado co gallo das festas de Peregrina de Bertamiráns que tiveron lugar a pasada semana. Tratouse dunha competición igualada, que rematou cun triplo empate no primeiro lugar, resolto nun desempate que deu como gañador a Fido, do club de xadrez Millarengo.
Os clubs de xadrez de Ames veñen de desenvolver a pasada semana un torneo entre os seus integrantes. O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu unha competición que se celebrou co gallo das festas locais na vila amesá, e que contou coa participación de arredor de vinte persoas.
Foi un torneo emocionante e moi parello, no que competiron entre si tanto rapazada como persoas adultas, e que rematou cun triplo empate a 4 puntos no primeiro posto.
Finalmente, o desempate resultou na vitoria de Fido, do club do Milladoiro, o Millarengo, seguido de Noel e Nico, da Escola municipal de Bertamiráns, que foron segundo e terceiro. Ademais, cómpre destacar o primeiro posto na categoría sub14 de Sergio e na sub10 de Unai.
Novas relacionadas:
Enfoques: "Los clubes de ajedrez de Ames se enfrentan en las Festas da Peregrina de Bertamiráns"