Pestanas principais

Unha vintena de persoas participaron no torneo de xadrez das festas da Peregrina

Venres, 19 de agosto de 2022

Arredor de vinte persoas adultas e crianzas participaron no torneo local dos clubs de Ames, organizado co gallo das festas de Peregrina de Bertamiráns que tiveron lugar a pasada semana. Tratouse dunha competición igualada, que rematou cun triplo empate no primeiro lugar, resolto nun desempate que deu como gañador a Fido, do club de xadrez Millarengo.

Os clubs de xadrez de Ames veñen de desenvolver a pasada semana un torneo entre os seus integrantes. O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu unha competición que se celebrou co gallo das festas locais na vila amesá, e que contou coa participación de arredor de vinte persoas.

Foi un torneo emocionante e moi parello, no que competiron entre si tanto rapazada como persoas adultas, e que rematou cun triplo empate a 4 puntos no primeiro posto.

Finalmente, o desempate resultou na vitoria de Fido, do club do Milladoiro, o Millarengo, seguido de Noel e Nico, da Escola municipal de Bertamiráns, que foron segundo e terceiro. Ademais, cómpre destacar o primeiro posto na categoría sub14 de Sergio e na sub10 de Unai.

Novas relacionadas:

Enfoques: "Los clubes de ajedrez de Ames se enfrentan en las Festas da Peregrina de Bertamiráns"

Unha vintena de persoas participaron no torneo de xadrez das festas da Peregrina

Multimedia

  • Unha vintena de persoas participaron no torneo de xadrez das festas da Peregrina
  • Unha vintena de persoas participaron no torneo de xadrez das festas da Peregrina