Solapas principales

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal de O Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención al público:
      • Invierno: (16 de septiembre al 15 de junio)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verano: (16 de junio a 15 de septiembre)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
Otros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funciones:
    • Reunir, organizar y poner a disposición de la comunidad un conjunto equilibrado de materiales bibliográficos, gráficos, audiovisuales o en otros soportes, que permitan el acceso a la información y a ahondar en los distintos campos del conocimiento.
    • Ser en sí misma el centro básico de información del área a la que sirve.
    • Promover, estimular y fomentar el uso de sus fondos entre la ciudadanía, mediante los servicios necesarios y las actividades educativas y culturales complementarias, incidiendo en la población infantil y juvenil y en los colectivos de usuarios/as con características especiales.
    • Cooperar con las demás bibliotecas mediante el intercambio de información, préstamo interbibliotecario y realización conjunta de actividades.
  • Normativa:

-Reglamento de la Biblioteca Municipal de Ames

  • Ley de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo de la Biblioteca.

-Guía de la Biblioteca.

-Inscripción en la biblioteca.

  • Centros de interés:

-Descargar PDF.

  • Secciones por edades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Noticias del departamento

Este xoves, 16 de marzo, ás 20:30 horas, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns un novo encontro literario, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Desta volta, a protagonista será a autora Úrsula Heinze, que presentará a obra “Flashes II”, editada por Fervenza. Trátase da segunda parte dunha guía persoal que reflicte un retrato da propia autora ao longo dos anos. 

As bibliotecas municipais de Ames abren 2023 con dous encontros literarios. Nesta ocasión acollendo a Patricia de Lorenzo, e ao libro "Chévere: trinta e cinco anos de axitación cultural" e a Alfonso Pexegueiro, e ao seu libro “Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes”. Será o mércores 18 e o xoves 19, sempre ás 20:00 horas e no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os dous actos estarán presentados pola concelleira de Cultura, Natividade González.

Debido ás novas restricións, decretadas pola Xunta de Galicia, para frear a incidencia da Covid-19, as bibliotecas de Ames permanecen pechadas ao público desde o pasado 27 de xaneiro. Emporiso, a relación da Biblioteca cos seus usuarios e usuarias segue activa a través das redes. Un claro exemplo disto é o programa de “Dixicontos”, que cada mércores propoñen unha nova historia a través da páxina de Facebook das Bibliotecas municipais. Esta iniciativa está tendo moi boa acollida entre os usuarios e usuarias deste servizo municipal, xa que acadan unha media de 1.000 visualizacións por entrega.

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 21 de marzo, coa presentación da obra “El libro que tu perro quiere que leas”, de Patricia Guerrero. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo. É un acto organizado para humanos no que os cans tamén serán benvidos.

O xoves, 8 de xuño, terá lugar un novo encontro literario, organizado polo departamento de bibliotecas do Concello de Ames, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Desta volta, a protagonista será Anisia Miranda, autora do libro “Mitos e lendas da vella Grecia”, publicado en 1966 e reeditado pola editorial Galaxia. Sobre a obra e a autora falarán Fernando Redondo Neira, xornalista, docente e presidente da Fundación Xosé Neira Vilas; e Xosé Antonio López Silva, crítico, autor e experto en cultura clásica.

O departamento de Bibliotecas amesán acolleu entre outubro de 2021 e xuño de 2022 unha serie de 18 encontros literarios e presentacións de libros, que serviron para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza de Ames. Deste xeito, 475 persoas achegáronse a esta serie de actividades, que se desenvolveron no Pazo da Peregrina e no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

As bibliotecas amesás celebran este xoves 19 a última das tres presentacións de libros que organizan en maio co gallo do Día das Letras Galegas. Trátase do poemario “O sal dos días”, do escritor Rafa Vilar, obra gañadora do Premio Rosalía de Castro de Poesía 2021. Será a partir das 20:00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. O autor estará acompañado do profesor e escritor Manuel Lorenzo Baleirón, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A presentación terá entrada libre ata completar aforo.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá, 25 de maio, ás 17.30 horas, o espectáculo de narración oral “Arredor de Xela”, de   Raquel Queizás. A actividade está dirixida a un público familiar con nenos e nenas maiores de 5 anos. Os convites, que son de balde, pódense adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Rematou un novo curso no Club de Lectura da Biblioteca do Milladoiro. E antes de poñer fin ás actividades do décimo segundo curso, os/as participantes do Club de lectura participaron nunha excursión na que visitaron a cidade de Pontevedra, o Castelo de Soutomaior e a cidade portuguesa de Valença do Minho. En dita saída participaron 40 persoas. O Club de lectura, de balde, está dirixido por persoal do departamento de Bibliotecas, e forma parte dunha serie de accións da Concellaría de Cultura para fomentar a lectura no concello. Para participar nesta actividade non cómpre ser un experto lector ou lectora, senón que se buscan persoas con inquedanzas culturais e que gocen de intercambiar opinións cos demais.

As Bibliotecas municipais de Ames recibiron dous lotes de libros de Os Bolechas, un deles titulado “Os Bolechas saben o que é a diabetes” e o outro, “Manuela é nova na escola, Medrando coa diabetes”. Con esta doazón feita pola Asociación ANEDIA, preténdese que os rapaces e rapazas se informen, dunha maneira adaptada a súa idade, sobre a diabetes. Trátase dunha ferramenta coa que visibilizar e sensibilizar. Os exemplares pódense consultar nas Bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro.

Eventos del departamento

O xoves 21 de marzo, Patricia Guerrero presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "El libro que tu perro quiere que leas", da editorial Grijalbo. É un acto organizado para humanos no que os cans tamén serán benvidos.

Trátase dunha guía para coñecer e entender aos nosos compañeiros caninos. Para iso, a autora propón unha viaxe polo arquipélago Piracán, no que aprenderemos a vivir e a desfrutar cos nosos cans. Nesta viaxe visitaremos a illa da esencia, para saber que precisa un can para sentirse libre e feliz; a illa da comunicación, onde poderemos compreder como se comunican; a illa de convivir, na que se sentaran as bases para unha convivencia armoniosa; e a illa do xogo, onde desfrutaremos xogando e apredendo xunto aos nosos compañeiros caninos de aventuras.

O mércores 15 de maio, Mariña Pérez Rei presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Finximentos", da editorial Xerais.

Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas.

Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega para nadar ou para naufragar, para ocultar o seu amor entre dunas ou para sentirse vivos. Saben que a farsa empeza na propia gorxa, que o silencio é un baixío que hai que evitar, que o valor dunha conversa é infinito no perfil das apetencias. Aprecian tanto o que beben coma o tícket que amosa a súa consumición

Este mes de marzo retómase a programación desta edición dos Encontros Literarios, coa presentación de "Libérate del miedo: Cómo superar tus barreras internas para vivir sin límites" de Carmen Mari Granados. O encontro terá lugar o xoves 13 de marzo ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

O mércores 22 de maio, Marga Cancela presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "O clamor das Virxes", de Medulia Editorial.

Desde a ficción do realismo máxico, a autora recrea a historia dunha das súas tías, Manola Negreira quen, entre 1939 e 1958, deu voz e visibilidade a un grupo de mulleres de aldea que, como ela, sufriron abusos a mans dos caciques da Galicia máis poderosa.

O resultado é unha novela sobre un grupo de mulleres que, sen sabelo, foron feministas e que, unha vez superados o medo e a vergoña, loitaron polos seus dereitos.

O xoves 7 de marzo, Alfredo Conde presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "A conto do político", da editorial Ézaro. A obra, organizada por décadas, comeza contextualizando a carreira cultura e literaria do  autor para, posteriormente, facer un balance do paso de Conde pola política. Trátase dun libro pragado de referencias a persoas e institucións, caracterizado por un estilo mordaz e irónico, e escrito desde unha perspectiva independente centrada la realidade subxacente do mundo político. Neste libro, o lector nalgúns casos atopa información para, noutros, ter que recorrer á memoria e ler entre liñas.

Coincidindo co inicio de novembro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura. Arrincan este xoves, 9 de novembro, coa presentación da obra “Pecados veniais” da xornalista e escritora amesá, Nazaret López. O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Será ás 19.30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A autora estará acompañada  de Xosé Antonio López Silva, profesor, ensaísta e critico literario. A ambientación musical correrá a cargo de Javier María López. Esta é a segunda obra escrita por Nazaret López, despois de publicar en 2019, a novela “Formigas nos pés”. A entrada será libre ata completar aforo.

O xoves 18 de abril, Margareita Murillo presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Protocolo e Imagen: Relevancia protocolaria de la imagen". O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Tamén asistirá a concelleira e deputada provincial Natividade González.

Segundo a súa autora, o propósito deste ibro é convidar aos lectores a explorar a súa propia relación coa vestimenta, e comprender e descubrir a importancia e o potencial da imaxe persoal para crear unha representación propia positiva e auténtica.

O libro está dividido en dez bloques temáticos, nos que se exploran os códigos de vestimenta en diversos contextos específicos.

O mércores 10 de abril, Tuco Cerviño presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Un taxi verde e un concerto", da editorial Galaxia.

Por este intenso relato transita a memoria da familia do autor, que se remonta ata o século XIX, con historias de masóns, republicanos, socialistas, galeguistas, conservadores, falanxistas, peronistas; desterros, cadea, exilio, depuracións, tribunais franquistas, emigración, viaxes, revolucións. A Guerra Civil e as súas consecuencias. Profesoras de universidade e mulleres sachando, canteiros e labregos, mestres, médicos e avogados. E tamén o mundo rural de Cotobade, o Instituto e a adolescencia na Pontevedra dos cincuenta, a Compostela dos sesenta, a universidade e as persoas e organizacións do conflito do 68.

En palabras do propio Tuco Cerviño: “Toda a miña vida está aquí, entre a viaxe co tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar, enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas”.

Este mes de decembro retómase o programa “Encontros Literarios de Ames”, desta volta coa presentación de “A carón do lume”, a primeira obra da escritora Mónica Prego Franqueira. O encontro literario terá lugar o mércores, 18 de decembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e marca o inicio da edición 2024-2025 deste programa. A entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames organiza unha nova edición dos Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesán, contaron cunha ampla participación ao longo das edicións de 2021 e 2022.