Solapas principales

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal de O Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención al público:
      • Invierno: (16 de septiembre al 15 de junio)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verano: (16 de junio a 15 de septiembre)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
Otros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funciones:
    • Reunir, organizar y poner a disposición de la comunidad un conjunto equilibrado de materiales bibliográficos, gráficos, audiovisuales o en otros soportes, que permitan el acceso a la información y a ahondar en los distintos campos del conocimiento.
    • Ser en sí misma el centro básico de información del área a la que sirve.
    • Promover, estimular y fomentar el uso de sus fondos entre la ciudadanía, mediante los servicios necesarios y las actividades educativas y culturales complementarias, incidiendo en la población infantil y juvenil y en los colectivos de usuarios/as con características especiales.
    • Cooperar con las demás bibliotecas mediante el intercambio de información, préstamo interbibliotecario y realización conjunta de actividades.
  • Normativa:

-Reglamento de la Biblioteca Municipal de Ames

  • Ley de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo de la Biblioteca.

-Guía de la Biblioteca.

-Inscripción en la biblioteca.

  • Centros de interés:

-Descargar PDF.

  • Secciones por edades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Noticias del departamento

Dende este martes, 2 de maio, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura, desta volta na biblioteca de Bertamiráns, na que se organizan tres sesións de contacontos. Celebraranse os días 9, 10 e 11 de maio ás 17:30 horas, e están dirixidos a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 884 829. Para consultar a programación de contacontos do primeiro semestre do ano ao completo pódese premer nesta ligazón.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle este xoves, 5 de marzo, ás 20.30 horas, a presentación de “Homes de ferro” de Alfredo Conde. Unha novela publicada pola Editorial Ézaro que trata a peregrinación por mar dende Irlanda a Compostela. A obra forma parte do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta, co que se busca potenciar o patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago. A entrada ao evento é de balde ata completar aforo.

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 7 de marzo, coa presentación da obra “A conto do político”, de Alfredo Conde. Estará acompañado do autor, investigador e crítico, Xosé Antonio López Silva. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro. Con este motivo, as bibliotecas municipais do Concello de Ames veñen de organizar durante todo o mes de abril diferentes actividades. O propio Día do Libro, os eventos terán lugar no Pazo da Peregrina. Comezarase ás 17.00 horas con contacontos infantís, continuarase con obradoiros e rematarase coa entrega de premios do concurso de debuxo organizado polas bibliotecas municipais. Ademais, ás 19.00 horas, celebrarase unha actuación musical infantil, “Soñando inventei”, a cargo de María Faltri e Jorge Juncal. Trátase dun espectáculo no que a través de cancións se traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. Por último, o xoves 29 de abril, ás 19.00 horas, presentarase, tamén no Pazo da Peregrina, o libro que recolle os textos gañadores do certame literario do Concello de Ames de 2020.

Os departamentos de Bibliotecas e de Normalización Lingüística de Ames celebraron este sábado 23 de abril o Día Internacional do Libro, cunha serie de propostas ao longo de toda a xornada. Neste senso, o Pazo da Peregrina acolleu pola mañá a presentación do libro cos textos finalistas do XVIII Certame Literario de Ames, ao que acudiron varias das persoas gañadoras da edición de 2021 do premio. Ademais, as bibliotecas amesás organizaron varias actividades para todos os públicos ao longo do día, que incluíron obradoiros e sesións de contacontos, polas que pasaron arredor dun cento de persoas. Preme aquí para consultar a galería de fotos da presentación do libro do XVIII Certame Literario.

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 22 de febreiro, coa presentación do poemario “La muerte de Alicia”, de Ana Valín. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 19:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

Este venres, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Con este motivo, as bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha programación específica para este mes de abril que inclúe actividades pra nenos/as e adulto/as. Para esta semana hai programadas varias actividades: o xoves, 22 de abril, ás 20.00h, no Pazo da Peregrina, Tomas Guerrero presenta as súas obras en banda deseñada. O venres, 23 de abril, celebrarase o Día do Libro no Pazo da Peregrina con música, contacontos e obradoiros infantís. Tamén se fará entrega do premio do concurso de debuxo sobre o libro e a lectura. O sábado, 24 de abril, na biblioteca de Bertamiráns, realizarase o obradoiro Autores con pegada.

O departamento de Bibliotecas de Ames organiza neste mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tres presentacións de libros na nosa lingua. As dúas primeiras terán lugar hoxe, mércores 4, e mañá, xoves 5, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20:00 horas. A primeira delas será “As casualidades necesarias”, da escritora cambadesa Amelia Xesteira da Cova, falecida recentemente. O seu amigo e escritor Daniel Pino presentará hoxe a terceira edición desta novela, que inclúe un limiar seu coma homenaxe. Por outra banda, mañá xoves o escritor Henrique Monteagudo presentará o seu ensaio “O idioma galego baixo o franquismo”, unha aproximación á política lingüística represiva da ditadura franquista. As presentacións terán aforo libre ata completar aforo.

Este luns 14 de febreiro abren as inscricións para participar nun obradoiro de pintado de camisetas co gallo da celebración do Día de Rosalía. Os nenos e nenas máis maiores de primaria decorarán as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballarán ao longo da xornada, e pintarán unha ilustración co seu retrato. Os talleres terán lugar o venres 25 no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 11:30 horas respectivamente.

Co gallo do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, as bibliotecas municipais de Ames presentan dúas novas actividades de animación á lectura, que se enmarcan dentro da súa programación “Abril, mes do libro”: un concurso de debuxo e a campaña Superlectores, que por segundo ano consecutivo buscan recoñecer ao seu público infantil e xuvenil sorteando varios lotes de libros.

Eventos del departamento

O segundo dos encontros literarios organizados polas bibliotecas municipais de Ames terá lugar o xoves 16 de febreiro, e contará co autor Martiño Santos Canosa, que presentará "A nación dos mil viños", de Edicións Laiovento. O evento será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas amesán acolle esta semana dúas novas presentacións de libros, achegando un mes máis novos proxectos literarios á veciñanza. A primeira delas será “Unha cervexa Chang”, do escritor Manuel Portas que explora mares narrativos que nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos e nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer.

O segundo dos encontros literarios programados polas bibliotecas municipais de Ames para o mes de marzo contará coa autora Úrsula Heinze como protagonista. Presentará a súa obra "Flashes II", editada por Fervenza, a segunda parte dunha guía persoal que reflicte un retrato da propia autora ao longo dos anos.

As bibliotecas amesás programan para o día 2 de febreiro un novo encontro literario. Desta volta, o autor invitado será Xosé Antonio López Silva, que presentará a obra "Historia natural de Plinio, el bibliotecario del mundo", da Editorial Almuraza. Será ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas amesán organiza o terceiro encontro literario do curso 2022-2023, no que o historiador e escritor ourensán Xosé Manoel Núñez Seixas presentará o seu último traballo, “Volver a Stalingrado”. Será o xoves 13 de outubro ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompañará ao autor Víctor Fernández Freixanes, escritor e presidente da Real Academia Galega, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

As bibliotecas de Ames presentan unha nova sesión de música e de contos para a cativada, nesta ocasión con “Little Neno descobre... Os Beatles”. A Reixa Producións combina teatro, narrativa e música en directo para dar a coñecer a un dos grupos de maior renome da historia da música pop. A proposta, orientada ao público familiar, terá lugar o xoves 31 de marzo ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, poden retirarse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. O espectáculo poderá seguirse en lingua de signos.

As bibliotecas organizan en marzo uns obradoiros de banda deseñada. Os talleres desenvolveranse en Bertamiráns o sábado 12, ás 10:30 horas para cativada de 3º a 6º e ás 12:30 horas para as mozas e mozos da ESO.

As bibliotecas organizan en marzo uns obradoiros de banda deseñada. Os talleres desenvolveranse no Milladoiro o venres 11, ás 17:30 horas para nenas e nenos de 3º a 6º de primaria e ás 19:30 horas para o alumnado da ESO.

O departamento de Bibliotecas municipais  organiza para o mes de marzo uns obradoiros de creación de postais con poemas e collages. Está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de educación primaria.

Unha das propostas de animación á lectura infantil de decembro das bibliotecas de Ames será un obradoiro de manualidades de Nadal. O taller, dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria, terá lugar o venres 16 de decembro ás 17:30 horas, no Milladoiro, e o sábado 17, ás 11:30 horas, en Bertamiráns.