Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Un total de 10 clubs e 350 persoas van disputar esta fin de semana a Regata Provincial – Circuíto praia fluvial de Tapia, organizada polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e a Federación Galega de Piragüismo. O evento, que conta cun percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, terá lugar este sábado 6 na praia fluvial de Tapia, a partir das 16:00 horas. Trátase da quinta das seis probas que conforman o I Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódense consultar os datos e os horarios da Regata Provincial – Circuíto praia fluvial de Tapia.

As piscinas descubertas municipais do Milladoiro e de Bertamiráns contan xa aproximadamente cunhas 4.000 persoas usuarias. No que vai de verán, a Concellaría de Deportes tramitou unhas 1.200 solicitudes de carné. O prezo dos carnés vai dos 5 aos 20 euros, dependendo da súa duración, da idade ou das persoas que inclúa. O prazo para solicitalos estará aberto ata o 12 de agosto, mentres que as piscinas continuarán abertas ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 21:00 horas.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 19 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 4 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán arredor de 65 pilotos, entre os que se atopan algúns dos mellores pilotos de supercross de toda Galicia.

O campo de fútbol do Milladoiro acolleu esta pasada fin de semana unha nova proba de Agility que puntuou para o campionato de España. Organizada polo club canino Amizar Agility, a proba contou coa colaboración do Concello de Ames, da S.D. Milladoiro, da empresa Arion e da clínica veterinaria Media Lúa. Participaron arredor de 70 cans divididos en tres categorías diferentes: mini, midi e estándar. A competición, na que exerceu como xuíz Domingos Carneiro, celebrouse do venres 26 ao domingo 28 de xullo.

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizan para mañá sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. Na actualidade hai inscritas arredor de 70 persoas. As inscricións para este proba pecharanse este venres, 20 de setembro, ás 18.00 horas, ou ao completar o número de prazas dispoñibles. A primeira edición da Tapia Swinway conta coa colaboración do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames.

A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 22 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Juan José Bodelo e Xoel Blanco, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba participaron arredor de 80 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 10, 15, 20 e 25,  e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba.

Esta mañá foi presentado na Casa do Concello, en Bertamiráns, o programa SaúdeAndo 2024, unha iniciativa da Concellería de Promoción da Saúde en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Como xa acontecera en edicións anteriores, será nestes mesmos centros de saúde onde comecen as andainas circulares, que se organizan cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración.

As Escolas de fútbol sala Trasgos van desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala masculino co obxectivo de captar nenos interesados en pasar a formar parte deste club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todos aqueles rapaces, nados de 2006 ao 2015, que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala. Poderán acudir ao pavillón do Milladoiro, os mércores de 18.30 a 19.30 horas, e ao pavillón de Bertamiráns, os venres de 18.00 a 19.00 horas. Estas xornadas realizaranse do 4 ao 27 de setembro.

O Real Aeroclub de Santiago, situado na parroquia amesá de Piñeiro, acolleu este pasado sábado a Gran Final do III Circuíto de Golf TUR 43, un evento deportivo que percorreu desde o mes de maio distintos campos do norte de España e Portugal promovendo o golf e, á súa vez, os atractivos das diferentes rexións. O éxito deste evento deportivo reflíctese nas máis de 1.000 persoas que participaron nesta terceira edición. O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, asistiron á cea de peche de dito torneo que se celebrou no Hotel Oca Porta do Camiño.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.