- Dirección: Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 89 14 76
- educacion@concellodeames.gal
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Educación
Solapas principales
Departamento de Educación
Servicios y programas
Noticias del departamento
O Concello de Ames pon en marcha o programa de conciliación Nadal Lúdico, dirixido aos nenos e e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria que se encontren empadroados no Concello de Ames. Este programa, que terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro de 2019, e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020, ten como finalidade ofertar unha alternativa que permita as nais e pais conciliar vida laboral e familiar, ocupando o tempo de lecer dos máis pequenos de maneira divertida e educativa.
Desde o 30 de decembro e até o 12 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Entroido Lúdico” que se celebrará do 15 ao 17 de febreiro de 2021. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos Días e comedor. Este ano, por mor da situación sanitaria derivada da COVID19, teranse en conta unha serie de medidas de prevención -redución de ratios, aumento dos labores de limpeza e definición das actividades que se poden realizar sen risco- que están recollidas nun decreto da alcaldía do 28 de decembro de 2020.
Dese o 4 até 18 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Primavera Lúdica” . O servizo desenvolverase desde o 29 de marzo até 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O programa está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. Para inscribirse neste servizo, as familias deberán acreditar a súa necesidade de conciliación e estar ao día no pagamento dos servizos municipais ofertados. As inscricións pódense facer vía telemática a través da sede electrónica do Concello ou de calquera outro rexistro acreditado. Tamén se recollen nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e de Milladoiro. Para esta opción hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do concello. Podes descargar aquí a ficha de inscrición.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto da central de lavado dos comedores escolares de Ames. As obras, parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, foron adxudicadas á empresa Esqueiro SL por 147.437,09 euros, e inclúen a adecuación da antiga nave de obras en Bertamiráns para implantar esta central. Trátase da primeira fase dun proxecto que rematará coa centralización das cociñas dos comedores neste mesmo espazo.
O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu o pasado xoves 17 de marzo ao alumnado de terceiro curso de educación primaria do CEIP A Maía, que se desprazou á casa consistorial para coñecer as súas funcións e como se desenvolven. Deste xeito, acompañada de parte do Goberno local, a rapazada descubriu que é e como funciona un pleno municipal, o labor dos concelleiros e concelleiras ou as competencias dunha administración local. Ademais, as rapazas e rapaces puideron trasladar as súas preguntas e dúbidas, así como facer varias suxestións para mellorar o concello.
O pasado xoves, 2 de maio, alumnado e profesorado do IES do Milladoiro participou na “Olimpíada: Trocando Linguas” celebrada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a xornada, amosaron os resultados da investigacións que levaron a cabo sobre os repertorios lingüísticos familiares e a diversidade lingüística dos diferentes concellos, co obxectivo de intercambiar experiencias lingüísticas interxeracionais e reflexionar sobre os contextos multilingües actuais. O evento pódese visualizar na canle de YouTube da USC premendo nesta ligazón.
As rapazas e rapaces de catro grupos de cuarto de educación primaria do CEP de Ventín achegáronse ata a Casa do Concello para coñecer de preto o seu funcionamento. Durante a visita, o alumnado descubriu o traballo dos edís municipais, como transcorren os plenos ou as funcións que cumpre a Administración local. Ademais, trasladaron preguntas, inquedanzas, suxestións e peticións aos membros do goberno que os acompañaron durante a visita.
O Concelleiro de Educación, David Santomil e a técnica do departamento, Rosa García, acompañaron a 80 alumnos/as de 6º de Primaria do CEIP A Maía e aos seus mestres/as na visita que fixeron en Coristanco á plantación de pataca de Agropecuaria Nela. Na excursión visitaron tamén a área recreativa do Refuxio de Verdes e a Torre Medieval de Nogueira.
A ANPA e a Asociación de Veciños da parroquia de Covas organizan, coa colaboración do Concello de Ames, unha campaña informativa sobre a escola unitaria de Covas. O obxectivo é dar a coñecer a existencia desta escola infantil con alumnado de 3 a 6 anos que, por primeira vez, ofrecerá no curso 2020/2021 os servizos municipais de conciliación da vida laboral e familiar como son o Bos Días Cole e o servizo de comedores escolares.
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 27 de maio o proxecto técnico e mailo expediente de contratación para as obras de adecuación da antiga nave de obras para a implantación dunha central de lavado e locais anexos auxiliares para os comedores escolares municipais. O orzamento base de licitación ascende a 149.764,77 euros. O anuncio de dita licitación xa está publicado na Plataforma de contratación do sector público. O prazo para presentar propostas estará aberto ata o 20 de xuño.
- ‹ anterior
- 9 de 23
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parroquia de Ortoño a comezos de agosto pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), co fin de localizar os corpos de seis dos once represaliados durante a Guerra Civil. Será ás 18:00 horas, na carballeira de Ortoño, ao carón da igrexa parroquial. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza que desexe asistir.
A ANPA do CEP de Ventín organiza o 5 dedecembro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas, unha actividade formativa chamada "Para, Pensa, Conéctate contra a violencia de xénero". Nela falarase sobre o uso responsable das tecnoloxías para a prevención contra o ciberacoso e a violencia de xénero dixital.
A ANPA As Brañas e mailo CEP de Ventín organizan unha charla sobre a miopía que está dirixida ás familias. Será o venres, 3 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Universidade de Santiago de Compostela.
O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.
Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá, 8 de marzo, a presentación do libro “Universo Inverso” ás 19:00 horas. Trátase dun libro de haikus que foi creado integramente polo alumnado de 6º de primaria do CEIP de Barouta, desde a redacción dos textos ás ilustracións. Durante o acto, presentado por Belén Xestal, 25 alumnas e alumnos recitarán algúns dos haikus que compoñen o libro acompañados de música en directo e de intérpretes en lingua de signos. Ademais, contarase coa actuación do grupo de danza GoPra Performance. Polo momento, o libro non estará dispoñible en librerías, pero poderá adquirirse durante a presentación ou chamando ao centro escolar para encargar algún exemplar.
O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.