Solapas principales

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención al público de 9:00 a 14:00h.
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Guardia Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención al público de 9:00 a 14:00h.
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Otros Datos: 

 

Brigada de Guardia Medioambiental

  • Funciones del responsable de la Brigada de Guardia Medioambiental
    • Dirigir y planificar  las labores llevadas a cabo por la Brigada de Guardia Medioambiental.
    • Coordinar la recogida de animales abandonados en zona pública  dentro del término municipal de Ames.
    • Tramitar las licencias de Animales Potencialmente Peligrosos así como las  inscripciones en el Registro Municipal de Animales Potencialmente Peligrosos de acuerdo a la legislación sectorial vigente.
    • Participar en el diseño de las campañas y del plan de actuación de medidas preventivas contra los incendios forestales.
    • Gestionar y coordinar las tareas relacionadas con la recogida de limpieza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..).
    • Tramitar y justificar subvenciones destinadas a financiar actuaciones medioambientales municipales.
    • Gestionar y coordinar  las labores de desratización, desinsectación y desinfección  de vías  públicas, parques, jardines, alcantarillados, locales y dependencias de titularidad municipal.
    • Gestionar y coordinar las labores de Prevención y Control de la Legionela en las instalaciones deportivas municipales.
    • Atender el vecindario en relación a distintas temáticas relacionadas con la legislación sectorial forestal , de residuos, de animales etc. Informar acerca de los distintos temas ambientales para la iniciación de sus correspondientes expedientes.
  • Funciones de los peones de la Brigada de Guardia Medioambiental
    • Recoger los distintos puntos de vertido incontrolado  de las zonas públicas contribuyendo a la recuperación de zonas degradadas.
    • Mantenimiento, gestión de los rutas de senderismo del ayuntamiento, incluyendo la realización de desbroces de maleza, vigilancia, señalización, reposición de infraestructuras deterioradas o destruidas, y conservación de elementos patrimoniales y arquitectónicos.
    • Participación y colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable del Aula da Natureza

  • Funciones:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar y coordinar planes de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar y coordinar planes de conservación, mejora/recuperación y restauración de zonas degradadas.
        • Espacio Red Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación y dotación de elementos interpretativos en rutas ambientales del ayuntamiento.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIALES
        • Revisión de los tramos de ríos y arroyos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación del Proyecto ríos en el Ayuntamiento de Ames.
        • Establecimiento y dirección de las diferentes fases del Plan de recuperación de las orillas del río Sar.
      • LUCHA FRENTE A FUEGOS FORESTALES
        • Coordinación de los trabajos realizados al amparo del Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación en el diseño e implementación de los planes municipal de defensa frente a incendios forestales.
      • COMPOSTAJE
        • Coordinación del Programa de compostaje comunitario del ayuntamiento de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORALES:
        • Coordinación de la Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación de la Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación de la Brigada de Espacios Naturales.
        • Coordinación de la Brigadas de protección y defensa frente fuegos forestales bajo el amparo del convenio Xunta - Ayuntamientos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DE UN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL Y ACERCAMIENTO AL MEDIO
        • Dirección, gestión y coordinación del plan anual de educación ambiental y acercamiento al medio
      • COLABORACIÓN CON LOS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPALES EN LA DIFUSIÓN DE LOS OBJETIVOS DE DESARROLLO SOSTENIBLE DE LA ONU.
        • Elaboración de propuesta, coordinación y desarrollo con los centro escolares y ANPAS municipales de taller, actividades  y salidas ambientales que sirvan como complemento al currículum escolar relacionadas con el medio natural y con prácticas medioambientales saludables. Además, el aula recoge propuestas de trabajo de los centros y se planifican proyectos en conjunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTALES SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientales sostenibles mediante el diseño e impartición de taller y actividades entorno a campañas de ahorro de energía en el hogar.
        • Diseño y dinamización de la campaña de uso racional del agua.
        • Diseño y dinamización de la campaña de compostaje familiar.
        • Diseño y dinamización de la campaña Fogares verdes.
        • Diseño y dinamización de la campaña oficinas sostenible
    • DISEÑO, ESTABLECIMIENTO Y SEGUIMIENTO DE LAS HUERTAS SOSTENIBLES Y SOLIDARIAS DEL AYUNTAMIENTO DE AMES.
    • TUTORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CON LA EDUCACIÓN AMBIENTAL Y ACERCAMIENTO AL MEDIO NATURAL Y FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN AL VECINDARIO
      • Facilitar información medioambiental y forestal.
      • Colaboración en la realización de trámites administrativos relacionados con el medio rural y el medio ambiente.
      • Identificación vecinal de terrenos particulares que pertenecen a las fajas secundarias de protección frente a fuegos forestales.
    • TRABAJOS TÉCNICOS DE GESTIÓN:
      • Tramitación de solicitud de subvenciones.
      • Redacción de pliegos técnicos de contratación.
      • Participación en comisiones, mesas y asesoramiento en tribunales.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvenciones.

Noticias del departamento

O Concello de Ames puxo en marcha en 2017 un plan de prevención e defensa contra lumes forestais baseado na plantación de frondosas caducifolias como castiñeiros, bidueiros, noceiras ou roble americano. Dende a súa posta en funcionamento actuouse en cinco parroquias plantando 5.111 árbores en 20 hectáreas de monte grazas á colaboración de máis de 100 propietarios/as que se adheriron ao plan. Tras cinco anos de funcionamento o Goberno municipal valora o Plan como “exitoso” e convida á Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e ao presidente da Xunta a visitar o concello e coñecer o plan de prevención.

Un ano máis, a Aula da Natureza ofreceu aos nenos e nenas de Ames unha alternativa para desfrutar das vacacións de verán a través de campamentos na natureza. Neles 60 rapaces e rapazas desfrutaron de diversos obradoiros de eido ambiental e de saídas para descubrir as posibilidades que ofrece a natureza. Así mesmo, organizáronse diversas xornadas lúdicas.

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organizou o pasado sábado 10 de agosto a Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, foi un éxito de participación.

Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, reuníronse co conselleiro do Medio Rural, José González, para abordar a cuestión da prevención de lumes forestais no municipio amesán. En concreto, na reunión, na que tamén estivo presente o director de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, coordináronse as labores que está a desenvolver o concello, a través do plan municipal de prevención de incendios forestais, con aquelas previstas a través do convenio de protección das aldeas. O conselleiro e o alcalde valoraron a posibilidade de crear unha aldea modelo no municipio, o que permitirá optimizar a xestión da biomasa preto das vivendas.

A rapazada, xunto coa directora do CEIP, Carmen Liñares, e o concelleiro de Medio Ambiente e Turismo, Manuel Lens, fixo un dos tramos do Camiño da Ría de Muros-Noia. Durante a mañá, o grupo saíu de O Santo para chegar á Catedral de Santiago ás 13.30 horas. Na excursión luciron unha camiseta deseñada por todo/as ele/as nas que se podía ler o lema, tamén creado polo/s cativo/as: “ Día a día facemos o Camiño da Ría”. A actividade forma parte dun estudo sobre as Rutas Xacobeas que o/as alumno/as levan realizado durante todo o curso.

Trinta e seis alumnas e alumnos de sexto de primaria do CEIP de Barouta visitaron na mañá do pasado venres 4 á brigada de repoboación forestal de Ames, que preparara uns terreos en Montemaior para explicar o seu labor á rapazada. Alí, os nenos e nenas plantaron árbores frondosas caducifolias e coñeceron o funcionamento das faixas secundarias do plan de prevención de lumes, que neste curso actuará nas zonas de Montemaior, Ventosa, A Condomiña e A Tarroeira.

Unha trintena de rapaces e rapazas participan no campamento urbano  de Ames, que se desenvolve nas instalacións da Aula da Natureza ata este sábado, 20 de xullo. Esta iniciativa, organizada polo equipo da Aula da Natureza, conta coa colaboración da OMIX de Ames a través do programa de voluntariado xuvenil. Ao longo de dúas semanas, un total de trinta e dous nenos e nenas participaron en numerosos xogos e actividades enfocadas a fomentar o traballo en equipo, a cooperación e a solidariedade como grupo. Este campamento despídese esta noite cunha acampada no xardín da Aula, na que os/as participantes realizarán un xogo nocturno e coñecerán de preto as estrelas.

urante este curso 2019-2020, o CEIP de Barouta está realizando, xunto coa Aula da Natureza do Concello de Ames, un amplo traballo de recuperación do xeito de vida en Ames no pasado recente. Desta maneira, a Aula da Natureza deseñou unha enquisa que foi repartida entre o alumnado do colexio, para que a cubriran preguntándolles aos seus avós, avoas, bisavós ou veciños maiores. Agora, coas enquisas todas cubertas, xa se comezan a recompilar os datos e analizar os resultados. 

Co gallo da EUGreenWeek, a Semana Verde Europea, a empresa Tecalis pediu colaboración ao Concello de Ames para ofrecerlle aos seus empregados algún detalle que axudara na conmemoración deste evento internacional. A concellaría de Transición Ecolóxica preparou unhas bolsas co compost que se elabora mediante os residuos das cociñas e comedores escolares amesáns, un bulbo de xacinto e un folleto explicativo sobre o xeito de sementalo e os coidados requiridos pola planta. Cada un dos corenta traballadores e traballadoras de Tecalis recibiron unha bolsa con estes agasallos.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, vén de inaugurar un novo espazo na rúa Revolteada, no Agro do Muíño, pertencente á parroquia de Ortoño, onde se habilitaron 27 novas parcelas de 35 metros cadrados cada unha dedicadas a hortas urbanas. A semana pasada cedéronse 16 das 27 parcelas dispoñibles. As persoas que estean interesadas en optar a algunha das parcelas que quedan dispoñibles poden facelo a través do impreso de solicitude de xeito presencial no Rexistro municipal ou pola Sede electrónica. Ditas parcelas son cedidas de xeito indefinido mentres se manteña o seu uso. Ademais, esta nova área municipal vaise acondicionar con bancos e árbores para dispoñer dun novo espazo verde de lecer para a veciñanza. Estas 27 parcelas súmanse ás 36 parcelas das hortas urbanas, situadas no parque do Ameneiral, en Bertamiráns; e ás 51 parcelas  de hortas urbanas no Milladoiro, situadas entre a rúa do Seixo e a rúa do Francés.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e o colectivo A Rula organizan o sábado, 24 de agosto, a quinta edición da ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra. Comezará ás 21:00 horas dende o miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa. Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21.00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21.15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23.30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes. Para participar nesta saída hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 25 prazas.

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, continúa organizando diversos obradoiros e cursos. Neste caso, ofrece unhas xornadas de formación en cultivos de horta durante os meses de inverno. Impartiranse os sábados 9 e 16 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no invernadoiro municipal de Barouta. Na primeira xornada abordarase a planificación de cultivos de inverno, mentres que na segunda tratarase o control de pragas e enfermidades nos cultivos.

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, continúa organizando diversos obradoiros e cursos. Neste caso, ofrece unhas xornadas de formación en cultivos de horta durante os meses de inverno. Impartiranse os sábados 9 e 16 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no invernadoiro municipal de Barouta. Na primeira xornada abordarase a planificación de cultivos de inverno, mentres que na segunda tratarase o control de pragas e enfermidades nos cultivos.

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá o domingo 29 de setembro, a partir das 11:00 horas, facendo unha limpeza do rego do Ameneiral durante dúas horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar esta ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 25 de setembro, a partir das 10.30 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.