- Dirección: Alcalde Lorenzo, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 680 29 72 35
- mobilidade@concellodeames.gal
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Movilidad
Solapas principales
Departamento de Movilidad
Servicios y programas
Noticias del departamento
O Concello de Ames celebra por sexto ano consecutivo a “Semana Europea da Mobilidade”, que neste 2024 se leva a cabo entre os días 20 e 22 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios limpos e intelixentes. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna, celebrada este pasado venres con máis de 250 participantes; unha sesión de música no Milladoiro a cargo de DJ WANA; e unha andaina pola senda verde que une O Milladoiro e Bertamiráns. Este ano o lema é “Espazo público compartido”, cunha campaña que busca fomentar un cambio de comportamento a prol da mobilidade activa, o transporte público e outras solucións de transporte limpas e intelixentes.
O Concello de Ames está traballando na redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Unha das partes fundamentais para a elaboración do PMUS é a participación cidadá. Para iso publicouse na web http://www.pmusames.gal/ unha enquisa sobre os hábitos de mobilidade da veciñanza de Ames. Dita enquisa está aberta ata o venres 7 de maio. A través da web do PMUS infórmase das accións relacionadas coa elaboración e participación do Plan de Mobilidade. Tamén haberá sesións de participación, a través dos diferentes colectivos relacionados coa mobilidade, e pódese enviar comentarios e suxestións ao enderezo de correo electrónico: pmusames@gmail.com. Esta actuación forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público, recollido na EDUSI Impulsa Ames.
O alcalde de Ames, Blas García, vén de enviarlle unha carta á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade solicitándolle que se reforce o servizo de transporte público para o persoal sanitario residente en Ames que cubra as tres quendas de traballo. Trátase dunha demanda dos propios traballadores/as do complexo hospitalario que están tendo serias dificultades para acudir aos seus postos de traballo debido á imposibilidade de aparcar nas inmediacións do CHUS.
O Concello de Ames vén de coñecer a través dos medios de comunicación diferentes melloras que se incluirán no transporte metropolitano debido ás licitacións do novos contratos de dito servizo. O anuncio realizado pola Consellería de Infraestruturas chega despois da solicitude de información feita polo Concello de Ames na Comisión de seguimento do pasado xoves, 24 de setembro, ao respecto das novas liñas e das ofertas presentadas polas concesionarias.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que dende hoxe sábado, ás 16:00 horas, ata mañá domingo, ás 23:00 horas, cortase o tráfico (agás a entrada a garaxes) de varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, para favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade.
O Goberno municipal do Concello de Ames envioulle este mércores, 24 de febreiro, á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, un novo escrito no que se lle dá traslado de catro posibles propostas para volver a prestar o servizo de transporte metropolitano á veciñanza de Ortoño, Bugallido e Buduído. Ditas propostas foron acordadas previamente nunha xuntanza mantida coas asociacións de veciños/as de Ortoño, Bugallido e Biduído. A primeira proposta trátase da modificación da ruta correspondente á liña XG80722 de Extramundi a Santiago. A segunda proposta é a modificación da liña XG80408 de Casalonga 2 a Santiago e da liña XG80722 de Extramundi a Santiago. A terceira proposta é establecer un novo servizo directo a Ortoño (vía convenio ou licitación), mentres que a cuarta proposta recolle un servizo temporal co transporte urbano de Santiago previo compromiso da Xunta. Preme nesta ligazón para ver as catro proposta de xeito completo.
O borrador do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Ames foi entregado o venres pola empresa encargada da súa redacción. O texto recolle a análise e o diagnóstico da situación actual de Ames no ámbito da mobilidade. A veciñanza pode consultar o contido deste borrador ata o 9 de agosto a través da web pmusames.gal. ou premendo na seguinte ligazón.
A Concellaría de Mobilidade presentou esta mañá unha nova iniciativa denominada “Rodeiros Brancos”, que se desenvolverá con motivo do día da Seguridade Viaria que se conmemora o 10 de xuño. Baixo o lema “Respecto na rúa, convivencia segura!” vanse organizar dous percorridos pola rúa nos que os/as participantes terán que ir vestidos/as de branco e cunha luz-linterna branca na cabeza, utilizando un método de mobilidade sostible. Preténdese reivindicar a utilización de medios de mobilidade sostible. En Bertamiráns, o 10 de xuño, ás 22.00h, farase unha saída nocturna en bicicleta de 8 quilómetros, mentres que no Milladoiro, o 17 de xuño, ás 22.00 horas, farase un rodeiro curto de 1.730 metros en bicicleta, monopatín, patíns ou patinete. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Os/as nenos/as deberán estar acompañados/as dunha persoa adulta.
No día de hoxe, 23 de decembro de 2020, entrarán en vigor as novas liñas de transporte metropolitano que foron licitadas ao longo deste ano 2020. As novas adxudicacións levarán cambios significativos nos horarios e frecuencias, moitas delas a solicitude do Concello, tales como a posta en funcionamento de novas frecuencias a primeira e última hora do día, a ampliación da conectividade do parque empresarial do Milladoiro ou a posta en marcha do noite bus ou de novas frecuencias nos fins de semana.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que se mantén durante todo o verán o corte de tráfico en varias rúas do Milladoiro e Bertamiráns para favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase como se viña facendo ata o de agora; dende as 16:00 horas dos sábados ata as 23:00 horas dos domingo. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta medida está previsto que se desenvolva ata o mes de setembro.
- ‹ anterior
- 5 de 10
- siguiente ›
Eventos del departamento
Dentro da "Semana Europea da Mobilidade", o Concello de Ames organiza o venres 20 de setembro a VI Marcha Ciclista Nocturna. Farase un percorrido con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. A marcha sairá da Praza do Concello, en Bertamiráns.
- ‹ anterior
- 3 de 3