Solapas principales

Departamento de Secretaría y Administración General

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención al público: de 9:00 a 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Administración General
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estructura del servicio: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesoría jurídica del Ayuntamiento.
    • Informar y asesorar sobre los asuntos plenarios. Conformación de los plenos y comisiones, juntas de gobierno.
    • Levantar acta de las sesiones de los órganos colegiados.
    • Certificación de los actos o resoluciones de la Presidencia y los acuerdos de los órganos colegiados decisorios, así como de los antecedentes, libros y documentos del Ayuntamiento.
    • Remitir a la Administración del Estado y a la Comunidad Autónoma, en los plazos y formas determinados reglamentariamente, copia o, en su caso, extracto de los actos y acuerdos de los órganos decisorios de la Corporación, tanto colegiados como unipersonales.
    • Llevar y custodiar el Registro de Intereses de los miembros de la Corporación y el Inventario de Bienes.
    • Acompañar al Alcalde-Presidente o miembros de la Corporación en los actos de firma de contratos o escrituras.
    • Gestión del área de contratación. Realización del Plan de contratación semestral.
    • Gestión de los RRHH del Ayuntamiento de Ames.
  • Bolsas de trabajo
  • Procesos selectivos
  • Personal Municipal
  • Noticias relacionadas
  • Agenda.

Noticias del departamento

O salón de Plenos da Casa do Concello acollerá este mércores, 28 de xuño, a sesión plenaria extraordinaria de organización da nova Corporación municipal do Concello de Ames. A sesión, que comezará ás 20,30 horas, servirá para determinar, entre outros asuntos, a periodicidade das sesións ordinarias do pleno, das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local, a creación e composición das comisións informativas e permanentes, a dotación de medios en favor dos grupos políticos,  a creación de postos de traballo de persoal eventual e maila asignación de dedicacións exclusivas e parciais. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Dende onte, mércores 15 de febreiro, xa non é necesario pedir cita previa para ser atendido nas oficinas do Concello de Ames, e os veciños e veciñas que desexen realizar trámites presenciais nas distintas dependencias son atendidos por orde de chegada. O sistema de cita previa púxose en marcha en agosto do 2020 para cumprir coas medidas sanitarias impostas tras a chegada da pandemia da COVID 19. Para consultar máis información sobre as distintas xestións que se poden realizar e a documentación a presentar nas Oficinas en materia de rexistro e no Padrón municipal pódese acceder á sección de departamentos municipais da web co Concello de Ames.

Esta mañá acordouse desconvocar a sesión extraordinaria do pleno convocado para este xoves 17 de decembro de 2020, ás 20.30 horas. A sesión convocouse á petición dos concelleiros/as do grupo municipal popular co fin de adoptar medidas económicas e sociais en defensa dos afectados pola COVID-19. A desconvocatoria prodúcese tamén ante a petición dos concelleiros/as do grupo municipal popular para que dito pleno se celebre con idéntica exposición de motivos e orde do día, unha vez completado o correspondente expediente administrativo e emitidos os correspondentes informes preceptivos.

Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. Este ano concedéronse un total de 271 permisos para realizar cacharelas na noite do 23 de xuño. Está previsto que haxa 249 cacharelas en parcelas privadas e 22 en espazos públicos. A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, agás no casco urbano. Ademais, as persoas responsables de cada lumieira deberán vixiar o lume ata a total extinción do mesmo e ter a man os teléfonos da Policía Local, Protección Civil e Emerxencias. Preme nesta ligazón para descargar o bando coas normas para realizar cacharelas no San Xoán.

Este martes, 15 de outubro, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, eleccións que terán lugar o domingo, 10 de novembro. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. Un total de 24.041 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.

Este mércores, 12 de xuño, ás 20:30 horas, celebrouse o último pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobáronse as actas dos plenos ordinarios de abril (celebrado o día 25 de abril) e de maio (celebrado o día 28 de maio), que estaban pendentes de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 15 de xuño, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura.

Este mércores, 14 de xuño, ás 20:30 horas, celebrarase o último pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobarase, se procede, a acta do pleno ordinario de maio celebrado o pasado 11 de maio, que está pendente de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 17 de xuño, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2023-2027 no que se desenvolverá o acto de investidura.

Este mércores, 14 de xuño, ás 20:30 horas, celebrouse o último pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobouse a acta do pleno ordinario de maio celebrado o pasado 11 de maio, que estaba pendente de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 17 de xuño, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2023-2027 no que se desenvolverá o acto de investidura do alcalde. O pleno de constitución da nova Corporación municipal emitirase por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Este mércores, 6 de novembro, ás 20.30 horas, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Cómpre lembrar que a Corporación municipal de Ames deduciu suspender o pleno ordinario de outubro que se ía celebrar o pasado xoves 31 de outubro, como mostra de apoio ás miles de persoas afectadas pola DANA. A decisión de suspender a sesión plenaria tomouse o pasado mércores pola tarde en Xunta de voceiros/as. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este sábado, 13 de xuño, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o domingo, 12 de xullo. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. Un total de 24.319 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.