Solapas principales

Departamento de Secretaría y Administración General

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención al público: de 9:00 a 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Administración General
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estructura del servicio: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesoría jurídica del Ayuntamiento.
    • Informar y asesorar sobre los asuntos plenarios. Conformación de los plenos y comisiones, juntas de gobierno.
    • Levantar acta de las sesiones de los órganos colegiados.
    • Certificación de los actos o resoluciones de la Presidencia y los acuerdos de los órganos colegiados decisorios, así como de los antecedentes, libros y documentos del Ayuntamiento.
    • Remitir a la Administración del Estado y a la Comunidad Autónoma, en los plazos y formas determinados reglamentariamente, copia o, en su caso, extracto de los actos y acuerdos de los órganos decisorios de la Corporación, tanto colegiados como unipersonales.
    • Llevar y custodiar el Registro de Intereses de los miembros de la Corporación y el Inventario de Bienes.
    • Acompañar al Alcalde-Presidente o miembros de la Corporación en los actos de firma de contratos o escrituras.
    • Gestión del área de contratación. Realización del Plan de contratación semestral.
    • Gestión de los RRHH del Ayuntamiento de Ames.
  • Bolsas de trabajo
  • Procesos selectivos
  • Personal Municipal
  • Noticias relacionadas
  • Agenda.

Noticias del departamento

Este xoves, día 25, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a ratificación de tres decretos da Alcaldía para a subsanación  de deficiencias de proxectos de obras incluídas no POS+ 2024 (obras de seguridade viaria dende o Mercuto a Vilar; obras da senda de A Ponte Maceira a Carballo; e obras de humanización da praza da Curuxa). Tamén se abordará a ratificación dun decreto da Alcaldía sobre a corrección dun erro material no POS+ Adicional 1/2024. Por outra banda, debaterase o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames, a terceira modificación do plan estratéxico de subvencións; e maila toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleiro de David Santomil. Por último, trataranse dúas mocións políticas, unha moción do Partido Popular de Ames sobre a normativa dos galiñeiros de autoconsumo, e outra do BNG de Ames sobre o rexeitamento do proxecto da fábrica de celulosa Altri. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, día 30, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a modificación dos lotes 1 e 2 do servizo de monitores dos programas municipais de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Ames e maila aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito. Tamén se abordará a aprobación definitiva da alteración de cualificación xurídica dun anaco de camiño público no lugar de Firmistáns; e o convenio de colaboración para a xestión do plan de sustentabilidade turística nova experiencia gastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago. Por último, abordaranse dúas mocións presentadas polo grupo municipal do BNG, unha relativa a reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista, e outra para denunciar a guerra de Israel contra a Franxa de Gaza. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a resolución e adxudicación do novo contrato do servizo de axuda no fogar; a ratificación do  decreto sobre a subsanación de deficiencias das obras de pavimentación do viario de Capeáns a Pousada; a ratificación dos decretos de personación e defensa no procedemento abreviado 80/2025, tramitado no Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela; a aprobación inicial do regulamento do consello sectorial da xuventude; a modificación do convenio de colaboración do programa Xantar na casa; a adhesión do Concello á asociación Ames Solar; e a modificación do regulamento do servizo de atención temperá. Tamén se aprobou por maioría absoluta a modificación do regulamento da rede municipal de comedores escolares, bos días cole e tardes divertidas; e maila excepción dos límites cuantitativos relativos aos investimentos do proxecto Ames Digital Water. Ademais, aprobáronse por unanimidade unha declaración institucional do grupo municipal socialista para establecer de interese xeral do estado a ampliación da EDAR de Sisalde; e unha moción do grupo municipal popular sobre a mellora de diversas vías do Concello de Ames. A moción do grupo municipal do BNG para amosar o rexeitamento do pleno ao proxecto de construción da macrocelulosa de ALTRI en Palas de Rei foi aprobada por maioría absoluta. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Esta maña celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade a concesión da medalla do Concello de Ames á Coral polifónica de Bugallido con motivo dos seus 50 anos de traxectoria musical. Dita coral foi creada no ano ano 1972 na parroquia de Bugallido. A entrega da medalla farase no acto do Día de Galicia que se vai celebrar o vindeiro luns, 24 de xullo, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Se chove cabe a posibilidade de cambiar o lugar da celebración. A concesión de dita medalla está recollida no regulamento de títulos, honras e distincións do Concello de Ames.

Este xoves, día 11, celebrouse o pleno ordinario do mes de maio que foi o último do mandato 2019-2023. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou a creación da empresa pública empresarial Augas de Ames EPEL; a primeira modificación do plan estratéxico de subvencións do período 2023-2025; a modificación da ordenanza reguladora do servizo de taxis do Concello de Ames e un suplemento de crédito de 5.301.184,49 euros. Tamén se lle deu luz verde a aprobación da modificación de tres proxectos de obras e eficiencia enerxética e á adhesión do Concello á asociación Rede de cidades que camiñan. Os traballadores de Urbaser Ames, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo, manifestáronse diante da Casa do Concello e durante o transcurso do pleno entraron na sala de plenos para solicitar unha solución á folga indefinida que están mantendo para reclamar un novo convenio colectivo propio no que se recolla unha subida salarial equiparable ao incremento do IPC. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este mércores, 24 de febreiro, celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que a Corporación municipal aprobou por maioría absoluta a Conta Xeral de 2019. Previamente, a Conta Xeral de 2019 foi ditaminada favorablemente o pasado 15 de xaneiro pola Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas. Posteriormente, abriuse un período de exposición publica que finalizou este luns 22 de febreiro. Despois de finalizar todos os trámites de ditame e exposición pública a Conta Xeral foi aprobada polo pleno do Concello de Ames, e de seguido, renderase ante o Consello de Contas. Dentro da Conta Xeral a liquidación orzamentaria é a parte máis importante e na que se reflicten a execución do orzamento de gastos, ingresos e o resultado orzamentario, así como outras magnitudes coma o remanente de tesourería e superávit.

Este xoves, 24 de novembro, celebrouse o pleno ordinario correspondente a este mes de novembro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou por unanimidade as bases para a elección de xuíz/a de paz substituto do Concello de Ames. Ademais, aprobouse por maioría absoluta a cuarta modificación do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) e mailo suplemento de crédito 5/2022 con remanente de tesourería para gastos xerais. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno ordinario de novembro que está na canle de Youtube do Concello de Ames. Varias traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que están en folga indefinida dende o pasado 2 de novembro, asistiron como público ao pleno co obxectivo de visibilizar as demandas de melloras que están facendo nas condicións laborais do colectivo.

Este xoves, 24 de febreiro, celebrouse a sesión ordinaria do pleno de febreiro no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade o expediente de licitación do servizo de limpeza integral nas instalacións municipais e nos centros educativos do concello de Ames. Tamén se aprobou por maioría absoluta a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. Ademais, deuse conta dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria; da execución trimestral sobre o período medio de pago a provedores; do informe de morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2021; e das queixas, suxestións e reclamacións presentadas no ano 2021.

Este xoves, 27 de outubro, celebrouse o pleno ordinario correspondente a este mes de outubro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou por unanimidade a modificación puntual do regulamento dos programas de conciliación (Bos días coles, Comedores escolares e Tardes divertidas), dos programas lúdicos, e da Escola de verán;  o proxecto modificado de acondicionamento e mellora térmica da cuberta da escola infantil O Bosque e maila modificación do proxecto da obra de melloras básicas das condicións térmicas e acústicas do pavillón do Milladoiro; a modificación da ordenanza de bens inmobles; un recoñecemento extraxudicial de crédito, por valor de 48.000 euros; e o incremento da contía para gratificacións, horas extras e horas complementarias. Ademais, aprobouse por maioría absoluta (só votou en contra o concelleiro de Ciudadanos) a modificación da ordenanza de imposto sobre vehículos. Por último, abordouse unha moción por vía de urxencia sobre o Día mundial da infancia 2022, que foi aprobada por todos os grupos da Corporación como declaración institucional. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno ordinario de outubro que está na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este mércores pola tarde desenvolveuse o pleno de organización da nova corporación municipal do Concello de Ames para o mandato 2023-2027. Nesta sesión plenaria aprobáronse as dedicacións e as asignacións económicas que terán os membros do goberno e da oposición. Haberá un total de 13 dedicacións exclusivas e parciais. Deste xeito, o alcalde e mailos sete concelleiros e concelleiras do grupo de goberno terán dedicación (haberá cinco dedicacións exclusivas e tres parciais), mentres que o grupo municipal popular disporá de tres dedicacións parciais e o grupo municipal do BNG terá dúas dedicacións parciais. Ademais, o goberno municipal terá tres postos de persoal de confianza a xornada completa (un técnico de gabinete de Alcaldía e dous administrativos/as). O grupo municipal popular disporá de dous auxiliares administrativo/a a xornada completa; o BGN disporá dun auxiliar administrativo/a a xornada completa; e Espazo Común terá un auxiliar administrativo/a a xornada parcial. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno de organización.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.