Procesos selectivos en desarrollo

01/08/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o nomeamento de funcionario de carreira na praza de técnico do Ciclo Integral da Auga e a declaración de persoal laboral fixo na praza de traballador/a social.

Así mesmo, créanse dúas bolsas de traballo: unha de Técnicos/as do Ciclo Integral da Auga, e unha de traballadores/as sociais do Concello de Ames.  A creación destas bolsas supón a anulación das bolsas de traballo aprobadas polos Decretos de Alacaldía número 634/2018 e número 789/2016, respectivamente.

Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.

22/07/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo dunha praza de técnico/a de secretaría e a suspensión do inicio proceso selectivo. Trátase do proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).

04/06/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios de contratación laboral dun/dunha peón e capataz para a brigada de prevención de lumes forestais do Concello de Ames (APROL Rural). Previamente publicáronse as bases de ditos procesos selectivos.

14/05/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Secretaría, fai pública a valoración dos méritos presentados polos aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames.

07/05/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co decreto de contratación e bolsa de agarda do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns/as para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames subvencionada a través do Programa PEL Concellos 2024.

02/04/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a declaración como persoal laboral fixo da praza de axudante – preparador/a deportivo/a.

27/03/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico funcionario/a de carreira, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

17/01/2024

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

30/05/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do nomeamento de funcionarios/as de carreira por promoción interna de tres prazas de administrativo/a, contida na oferta de emprego público 2021 do Concello de Ames. 

04/05/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio sobre a creación da lista de agarda do proceso selectivo de mestres/as de educación infantil das escolas infantís municipais do Concello de Ames.