Actualidad

Por ejemplo, 21-04-2025
Por ejemplo, 21-04-2025
Jueves, 20 de marzo de 2025
A compañía Berrobambán representa este martes no Milladoiro a obra Ubasute

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa ampla oferta de espectáculos no ámbito das artes escénicas. Neste lugar, o vindeiro martes 25 de marzo, ás 20.30 horas, o auditorio do Milladoiro acollerá a representación da obra “Ubasute” de Berrobambán. Os convites para esta obra pódense descargar de xeito gratuíto na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación é unha actividade de mediación que a compañía Berrobambán desenvolve por estar a facer unha residencia artística no noso concello.

Miércoles, 19 de marzo de 2025
O auditorio do Milladoiro acolle este venres a estrea de TROMSØ da compañía Morraoconto

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa programación de artes escénicas neste primeiro semestre do 2025. Nesta ocasión, o auditorio do Milladoiro acollerá este venres, ás 20.30 horas, a estrea de TROMSØ, a nova peza teatral da compañía Morraoconto. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Martes, 18 de marzo de 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Teatro, organiza para os vindeiros días 2 e 9 de abril un obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés. A actividade terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 19.00 a 21.00 horas. O prazo para inscribirse comeza hoxe, martes 18 de marzo, e estará aberto ata o vindeiro día 27. Para participar, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal con nome, apelidos e un número de teléfono. Hai 15 prazas dispoñibles e adxudicaranse por orde de inscrición. 

Lunes, 17 de marzo de 2025
O auditorio do Milladoiro acolle este xoves a estrea do espectáculo de danza “Dance Join” de Marta Alonso

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa programación de artes escénicas para este 2025, desta volta coa estrea do espectáculo de danza e clown “Dance Join”, de Marta Alonso. A actuación terá lugar este xoves, 20 de marzo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. A ocupación ata o momento é do 21% das butacas dispoñibles. Aínda se poden adquirir entradas para asistir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Jueves, 13 de marzo de 2025
Chega “Reconversión” de Ibuprofeno Teatro este venres ao auditorio de Bertamiráns

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa programación de artes escénicas neste 2025. Desta vez, o auditorio de Bertamiráns acollerá mañá a representación da peza “Reconversión”, de Ibuprofeno Teatro, que narra as mobilizacións do sector naval na Ría de Vigo. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Martes, 11 de marzo de 2025
O Pazo da Peregrina acolle ata o venres 20 de marzo a exposición “Esencia da alma” de Roberto Castro

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle ata o vindeiro día 20 de marzo a exposición de pinturas “Esencia da alma”, de Roberto Castro, coñecido artisticamente como Roca. Nesta exposición, os visitantes poderán observar algunhas das obras do artista arzuano, destacadas polo uso de cores moi vivas e ilustracións que dan pé á imaxinación.

Miércoles, 05 de marzo de 2025
Ames pecha esta semana a súa programación de Entroido que encheu as rúas do concello de música, baile e moita diversión

Ames pechará a súa programación de Entroido de 2025 este venres, día 7, coa celebración do Entroido Amessan. Deste xeito, ponse fin a unhas xornadas que encheron as rúas do concello de música, baile, disfraces e moita diversión. O pasado domingo, día 2, Milladoiro acolleu o desfile e concurso de disfraces, no que participaron máis de 200 persoas entre todas as categorías. Por outra banda, este luns, día 3, celebrouse en Bertamiráns o concurso de disfraces infantil, no que participaron máis dun cento de rapaces e rapazas.

Miércoles, 05 de marzo de 2025
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a obra “Un Deus salvaxe” de Talía Teatro

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa programación do Ames Cultural 2025. Desta volta, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20.30 horas, acollerá a representación da peza “Un Deus salvaxe” da compañía Talía Teatro, unha comedia satírica da sociedade actual. A ocupación ata o momento é do 72% das butacas dispoñibles. Aínda se poden adquirir entradas na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Domingo, 02 de marzo de 2025
As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de aprobar a convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2025 por asociación e comisións de festas municipais. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das Festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada o labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Premendo nesta ligazón pódense obter as bases da convocatoria.

Sábado, 01 de marzo de 2025
Imaxe de arquivo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 20 de febreiro as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2025. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, estará aberto entre o 1 e o 31 de marzo. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares e para as actividades levadas a cabo por asociacións culturais.