Actualidad

Por ejemplo, 11-02-2025
Por ejemplo, 11-02-2025
Martes, 29 de octubre de 2024
O Concello de Ames presenta a programación da semana da música pola Santa Icía

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, impulsou unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza. O acto de presentación realizouse esta mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, a cargo do alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; da técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; da directora da Escola Municipal de Música de Ames, Pilar Martínez; da técnica responsable da EMMA, Almudena Caamaño; e do músico Héctor Rial.

Lunes, 28 de octubre de 2024
Preto de 1.100 persoas desfrutaron do XIX Festival internacional de Maxia de Ames

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron ser protagonistas un ano máis do Festival internacional de Maxia “FestiMax”, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 25, 26 e 27 de outubro. O evento, que reuniu a un total de 1.056 persoas, estivo cargado de humor, sorpresas e ilusionismo. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de tres xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes manifestaron que este ano sorprendeunos positivamente a variedade e estilo dos números, que incluíron desde maxia de preto e cómica ata grandes ilusións. Preme nesta ligazón para ver a galería fotográfica do FestiMax 2024.

Lunes, 28 de octubre de 2024
Participa no obradoiro de teatro físico impartido pola compañía teatral LaGriot´te

O vindeiro 8 de novembro, ás 19:00 horas, o grupo  de teatro LaGriot´te impartirá na Casa da Cultura de Bertamiráns un obradoiro de teatro físico, no que indagar sobre o poder da imaxinación e a capacidade do corpo para contar e amosar historias. Para participar nesta actividade, dirixida a maiores de 16 anos, só hai que enviar un correo a cultura@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, idade e un teléfono. Ofértanse un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición.

Viernes, 25 de octubre de 2024
Ames acolle durante esta fin de semana o XIX Festival internacional de Maxia “FestiMax”

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen este venres, sábado e domingo o XIX Festival internacional de Maxia de Ames. Este festival, organizado polo Concello de Ames en colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación un photocall máxico, unha sesión de maxia para maiores, e outra para bebés para a que xa están esgotadas as entradas. Quedan entradas dispoñibles para a última sesión da gala máxica internacional, o domingo 27 de outubro ás 19:30 horas en Bertamiráns. Tamén queda algunha praza dispoñible para os obradoiros de maxia. As entradas pódense adquirir na Billeteira electrónica.

Viernes, 18 de octubre de 2024
A palilleira amesá Ana Rosa Lista impartiu un obradoiro de encaixe con palillos no centro galego de Río Gallegos, na Arxentina

A artesá Ana Rosa Lista, veciña de Ames, remata hoxe de impartir un obradoiro de encaixe con palillos na cidade de Río Gallegos, capital da provincia de Santa Cruz. Este obradoiro forma parte do programa Obradoiros en Entidades Galegas do Exterior, da Secretaria Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. A palilleira amesá ensinoulle a arte do encaixe galego a 13 alumnas, que a maior parte son socias deste centro galego. As clases de encaixe impartíronse do  7 ao 18 de outubro. Ademais, Ana Rosa Lista expuxo neste centro unha pequena mostra da súa colección sobre o Camiño de Santiago expresado en encaixe con palillos. Tamén ofreceu unha charla sobre a historia do encaixe.

Miércoles, 16 de octubre de 2024
Cartel da XIX edición do Festival de Maxia de Ames “FestiMax”

As Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán do 25 ao 27 de outubro a décimo novena edición do Festival de Maxia de Ames “FestiMax”. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha sesión de maxia para maiores e outra para bebés, e un photocall máxico. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. Este evento conta coa colaboración da rede cultural da Deputación da Coruña. Aínda quedan algunhas entradas para as catro sesións da Gala Máxica Internacional que se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

Martes, 15 de octubre de 2024
Geometría del alma, de Teatro Plus

Este venres, 18 de outubro, volve a programación teatral ao concello de Ames con dous espectáculos: “Geometría del alma”, para público infantil, e “Go Home”, dirixida ao público adulto. Dita programación complétase coa obra de teatro “Testosterona”, que se vai representar o vindeiro 29 de novembro. Para o espectáculo infantil “Geometría del alma” quedan estradas dispoñibles, que se poden mercar na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Para o espectáculo “Go Home” xa están todas as entradas vendidas. As propostas para adultos enmárcanse dentro da programación da Rede Galega de Teatros, subvencionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). O espectáculo infantil forma parte do programa Camiño Escena Norte.

Miércoles, 09 de octubre de 2024
Ames celebra o seu XIX Festival de Maxia do 25 ao 27 de outubro

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá a presentación do XIX Festival Internacional de Maxia de Ames, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha sesión de maxia para maiores e outra para bebés, e un photocall máxico. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. As entradas e convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Este evento conta coa colaboración da rede cultural da Deputación da Coruña.

Viernes, 04 de octubre de 2024
Ames abre a programación cultural de outubro con tres propostas teatrais

O departamento de Cultura do Concello de Ames estrea a súa programación do último trimestre do ano con tres obras teatrais que se representarán no mes de outubro, dúas para público adulto e unha para público infantil. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames, e hai descontos e prezos reducidos para colectivos especiais.

Jueves, 03 de octubre de 2024
Cartaz da sétima edición de Cinema Miúdo

O festival internacional de cinema infantil de Ames xa está quentando os proxectores para a celebración da súa sétima edición, que terá lugar entre o 14 e o 17 de novembro, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Ames é o concello con maior ratio de nenos e nenas de Galicia, e que mellor lugar para celebrar este festival. O certame está xestionado por terceiro ano pola entidade cultural galega Abella Producións, que desvela hoxe o cartel e temática deste ano: os pioneiros do cinema.