Actualidad

Por ejemplo, 12-02-2025
Por ejemplo, 12-02-2025
Lunes, 03 de junio de 2024
O grupo municipal de teatro estrea a obra “A visita” o 7 de xuño

O vindeiro venres, 7 de xuño, o grupo municipal de teatro pechará a súa actividade coa estrea de “A visita” con dous pases en Bertamiráns e no Milladoiro. O convites están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello. Ademais, a Escola Municipal de Teatro de Ames celebrará esta semana diversas mostras de fin de curso dos grupos infantís e xuvenil. Desde o departamento de Cultura informan de que o prazo de matrícula para o vindeiro curso abrirá a mediados deste mes.

Jueves, 30 de mayo de 2024
Chega ao Milladoiro a exposición do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo

Esta mañá inaugurouse na Casa da Cultura do Milladoiro a exposición itinerante do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, un dos premios á creación convocados pola Deputación da Coruña. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a deputada de Cultura, Natividade González, que estiveron acompañados dunha ampla representación de concelleiros/as do goberno municipal, así como dos grupos municipais do PP e do BNG. A mostra poderá visitarse no Milladoiro ata o 18 de xuño.

Lunes, 27 de mayo de 2024
Preto de 900 persoas participaron na primeira edición do ciclo de monólogos de Ames

As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns acolleron dende o xoves 23 de maio ata o domingo 26, a primeira edición do ciclo de monólogos. Tratouse dunha nova iniciativa, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, que incluíu actuacións de figuras consolidadas como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto con artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez. Un total de 853 persoas asistiron ás distintas sesións programadas dentro deste ciclo. O público valorou de xeito moi positivo esta programación de monólogos, á cal está previsto darlle continuidade durante os vindeiros anos.

Miércoles, 22 de mayo de 2024
Chega a Ames a primeira edición do ciclo de monólogos con Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco

As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns acollen dende este xoves, 23 de maio, ata o domingo 26, a primeira edición do ciclo de monólogos. Trátase dunha nova iniciativa, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, que inclúe actuacións de figuras consolidadas como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto con artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez. Quedan entradas para os espectáculos do venres 24 e do sábado 25. Poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello. As entradas para os espectáculos do xoves e domingo están esgotadas

Viernes, 17 de mayo de 2024
Volven a Bugallido as festa de San Isidro con gastronomía, concertos e animación infantil

A parroquia de Bugallido celebra esta fin de semana as festas de San Isidro. A celebración comezará arredor das 20:30 horas do sábado, co concerto de Treixadura, seguido dunha foliada aberta. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, coa posterior sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, e haberá tamén sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. As festas contarán con cantina con empanada e callos, polbeiro,  animación infantil e diversos postos de artesanía.

Jueves, 16 de mayo de 2024
Arredor de dúas mil persoas desfrutaron da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2024

O pasado 3 de maio pechábase a programación cultural de artes escénicas do primeiro semestre de 2024, deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. Este ano, estivo composto por doce espectáculos de teatro e danza tanto para público adulto, como infantil e familiar. As distintas pezas representáronse equitativamente nos auditorios das Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Asistiron un total de 1.877 persoas.

Jueves, 16 de mayo de 2024
A asociación cultural Os Castros organiza un xantar-foliada o 25 de maio en Trasmonte

Desde a asociación cultural Os Castros convídase á veciñanza amesá que estea interesada, a participar no tradicional xantar – foliada que organizan todos os anos. Nesta ocasión, será o vindeiro 25 de maio no local de Trasmonte. Haberá cantina a partir das 13:00 horas e moita música. Para participar nesta xornada haberá que mercar entrada entre 6 e o 19 de maio. O prezo das entradas é de 17 euros para menores de once anos, e de 35 euros para os adultos.

Miércoles, 15 de mayo de 2024
Ames procura filmes infantís e xuvenís para a VII edición do certame Cinema miúdo

O festival de cinema infantil e xuvenil do Concello de Ames, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, abre a convocatoria para que cineastas de calquera nacionalidade poidan participar cos seus filmes. A inscrición estará aberta ata o 26 de agosto. A sétima edición do certame celebrara do 14 ao 17 de novembro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Este ano, a programación xirará arredor do poder educativo e de cambio social que ten o cinema na sociedade. As bases de participación pódense consultar premendo nesta ligazón.

Martes, 14 de mayo de 2024
As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de aprobar por primeira vez a convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2024 por asociación e comisións de festas municipais. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das Festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada a labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Premendo nesta ligazón pódense obter as bases da convocatoria.

Jueves, 09 de mayo de 2024
A Coral Polifónica de Bugallido participa este sábado no Encontro de Coros da cidade portuguesa de Maia

Este sábado, 11 de maio, a Coral Polifónica de Bugallido desprazarase ata a localidade portuguesa de Maia, preto de Porto, para participar nun concerto de agrupacións corais organizado polo Conservatorio de Música desa cidade.