Actualidad
A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este mércores, 10 de abril, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”, de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.
Os días 9 e 10 de abril, as bibliotecas municipais acollerán dous encontros literarios nos que se presentarán os libros de literatura infantil “Mambrú volveu da Guerra”, de Carlos Labraña, e “Valentina nunca calas e o monstro da media cara”, de Charo Pita. Ambos eventos forman parte da programación municipal co gallo da celebración do Mes do Libro. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón.
O Concello de Ames, a través dos departamento de Bibliotecas, Normalización Lingüística e Cultura, presentou esta mañá a programación especial co gallo da celebración do Mes do Libro. Este ano está formada por obradoiros, sesións de contacontos, concursos, teatro e encontros literarios. As actividades, que comezan o vindeiro martes, 2 de abril, estenderanse ata o sábado 20. A presentación de dita programación realizouse esta mañá na Biblioteca de Bertamiráns por parte do alcalde e concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Blas García, e por persoal do departamento de Bibliotecas, Mercedes Regueira. Premendo nesta ligazón podes descargar a programación completa.
A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 21 de marzo, coa presentación da obra “El libro que tu perro quiere que leas”, de Patricia Guerrero. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo. É un acto organizado para humanos no que os cans tamén serán benvidos.
A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 7 de marzo, coa presentación da obra “A conto do político”, de Alfredo Conde. Estará acompañado do autor, investigador e crítico, Xosé Antonio López Silva. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do Día do Cómic un obradoiro de creación de cómic. Esta actividade, dirixida a nenos e nenas a partir de 3º de primaria, levarase a cabo tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. Aquelas familias interesadas en participar, poderán inscribirse desde hoxe e ata o 13 de marzo escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829
A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 22 de febreiro, coa presentación do poemario “La muerte de Alicia”, de Ana Valín. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 19:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.
Este martes, 20 de febreiro, continúan as sesións de contacontos organizadas polo departamento municipal de Bibliotecas. Orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, estas propostas de animación á lectura estanse a desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.
A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 8 de febreiro, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”, de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Tamén asistirá o párroco de Ames, José María Ripoll. A entrada será libre ata completar aforo.
Mañá martes, 6 de febreiro, comezan as sesións de contacontos organizadas polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames. Estas propostas de animación á lectura entre o público infantil están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, e vanse desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.
- ‹ anterior
- 2 de 13
- siguiente ›