Actualidad

Por ejemplo, 24-04-2025
Por ejemplo, 24-04-2025
Lunes, 09 de noviembre de 2020
Radio Bulebule.

Paco Nogueiras, compositor e intérprete, conducirá o venres, 13 de novembro ,o concerto virtual Radio Bulebule. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas, combinará humor, baile e cancións a través das pantallas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 12 de novembro e as familias interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico ao enderezo: normalizacion@concellodeames.gal.

Lunes, 02 de noviembre de 2020
Contos de chupete.

Bea Campos, da compañía Migallas Teatro, conducirá, o venres 6 de novembro, a sesión virtual de contos do chupete, dirixida a familias con nenos e nenas de ata 3 anos. Esta sesión combinará xogos, música, arrolos, contos e moita ilusión para seguir achegando recursos educativos e de lecer que faciliten a crianza e a transmisión da lingua. O prazo de inscrición está aberto até o xoves 5 de novembro e as familias interesadas en participar deberán  enviar un email a normalizacion@concellodeames.gal.

Sábado, 31 de octubre de 2020
Imaxe da presentación do Premio Lingua e Empresa

O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, pon en marcha por terceiro ano consecutivo o Premio Lingua e Empresa, co obxectivo de recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no concello de Ames, que sexan propostas ata o 16 de novembro por calquera persoa ou entidade, ou pola propia empresa que queira participar. Este ano como novidade increméntase as contías dos premios e amplíanse as categorías dos premios creando unha nova categoría para empresas que se crearon nos dous últimos anos e fan uso diario do galego ou que incorporan o galego dentro dese mesmo período.

Lunes, 26 de octubre de 2020
A programación infantil de Apego deste trimestre comeza de xeito virtual este xoves con “Contos de medo que deixan durmir”

A sesión, que estaba prevista para realizarse na Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro xoves, 29 de outubro, ás 18.00 horas, poderase desfrutar dende calquera dispositivo con pantalla. Deste xeito, non haberá limitacións de aforo pero é imprescindible a inscrición previa antes do mércores 28 enviando un correo a normalizacion@concellodeames.

Miércoles, 21 de octubre de 2020
Cartaz do programa Apego para o último trimestre de 2020

Contos, música e maxia. Oito actividades compoñen a programación infantil con Apego para o último trimestre do ano 2020. A primeira delas terá lugar o xoves, 29 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa de Cultura do Milladoiro co contacontos Caxoto e os seus “Contos de medo que deixan durmir”. Para todos os eventos precísase inscrición previa que se fará enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. Para esta primeira comeza hoxe e remata o 28 de outubro. No caso de que a situación sanitaria impedise a celebración presencial, parte das actividades realizaríanse virtualmente seguindo o mesmo procedemento de inscrición.

Martes, 06 de octubre de 2020
Cartel Youtuber@s.

A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, recibiron xa dende que se abriu o prazo de inscrición o pasado maio un total de 300 vídeos e 50 canles que competirán nas doce categorías nas que se dividen os galardóns. Así, a participación  superou xa as cifras rexistradas na edición de 2019, ano no que concorreron ao certame 240 vídeos e 31 canles. Dende a organización dos Premios Youtubeir@s, agárdase que estes números aumenten nas últimas semanas de prazo, tendencia que se vén repetindo dende a posta en marcha desta iniciativa. O prazo de inscrición finalizará o vindeiro  23 de outubro de 2020 ás 23.59 h.

Miércoles, 30 de septiembre de 2020
Cartel certame literario.

O Concello de Ames dá a coñecer hoxe, 30 de setembro, o nome das obras premiadas na décimo sétima edición do Certame Literario de narrativa e poesía. Este ano o xurado do certame estivo composto polo profesor e tradutor, Xosé Antón López Silva; polo profesor e escritor, Paulo Calvo; e pola xornalista, dramaturga e escritora, Nazaret López. Os tres viven en Ames e foron os encargados de xulgar os 65 traballos que se presentaron á XVII edición do Certame Literario de Ames. A entrega de premios será o vindeiro, 30 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Listaxe cos traballos gañadores do XVII Certame literario do Concello de Ames.  

Viernes, 25 de septiembre de 2020
O Chineiro da Tía María.

Coa técnica tradicional italiana do cantastorie, unha mestura a narración de historias, pintura en grandes lenzos e música, chega ao Pazo da Peregrina “O Chineiro da tía María” da man de Xandobela, educación e cultura. O próximo venres, 2 de outubro, ás 18.00 horas, as familias con crianzas a partir de 3 anos poderán asistir a esta nova actividade do Programa. A inscrición pode realizarse ata o vindeiro 1 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nomes e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

Jueves, 17 de septiembre de 2020
Cartel informativo de Chimpo de ra.

Raquel Queizás, filóloga e actriz, estará o venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas, contando historias para familias con crianzas de 0 e 4 anos. A inscrición para esta actividade é de balde e pode realizarse desde hoxe ata o 24 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

Lunes, 07 de septiembre de 2020
Cartel da Festa do Apego de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a primeira Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o venres, 11 de setembro, pola tarde e mais o sábado 12 durante todo o día. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá teatro infantil, contos, cantos de berce, concertos, unha foliada e moitas actividades máis. O prazo de inscrición para participar nas diferentes actividades que se organizan está aberto ata este mércores 9 de setembro. O impreso de inscrición nas actividades, o cartel e mais a programación da Festa do Apego pódese obter premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova.