Actualidad

Mañá, venres 28 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 20.00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación musical de MJ Pérez. No acto participarán o alumnado dos centros escolares de Ames e representantes do ámbito cultural e asociativo. As persoas asistentes recibirán un agasallo.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, presenta a decimo sétima edición do Certame Literario de narrativa e poesía que se convoca de forma anual. Poderá concorrer neste certame calquera persoa que presente textos inéditos en lingua galega, con temática libre. Os textos poderán enviarse ata o 1 de abril de 2020 (incluído). En cada modalidade do certame, narrativa e poesía, establécense tres categorías, e en cada categoría, tres premios. En total, repartiranse 3.800 euros entre os/as gañadores/as, incrementándose a cifra en 840 euros con respecto ao ano pasado.

O vindeiro venres, 28 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, a partir das 20:00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación musical de MJ Pérez. No acto participarán o alumnado dos centros escolares de Ames e representantes do ámbito cultural e asociativo. As persoas asistentes recibirán un agasallo.

Leticia Falcón, especialista en estimulación musical temperá, ofrecerá un obradoiro de arrolos e colos musicais o sábado, 29 de febreiro, na Aula de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá dúas sesións, unha ás 11.00 e outra ás 12.00 horas. A actividade está destinada a familias que se encontren agardando un bebé ou con crianzas que non anden. A inscrición, dispoñible ata o 28 de febreiro, realizarase enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o próximo venres 21 unha nova foliada con Apego. A partir das 18.00 horas, os asistentes poderán desfrutar dun encontro para coñecerse, compartir, cantar, bailar, aprender cancións galegas, merendar, e sobre todo, pasalo ben. Trátase dunha actividade para familias con nenos e nenas sen límite de idade e require inscrición previa.

O Concello de Ames organiza, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A actividade, que se enmarca dentro da programación municipal polo Día de Rosalía, terá lugar este sábado, 15 de febreiro. Para participar é preciso reservar praza. Poderase facer ata este xoves 13 de febreiro, a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal ou do número de teléfono 662 377 215. O prezo de excursión será de 1,5 euros, a tarifa da entrada á Casa-Museo de Rosalía. O día da visita, a saída en autobús está programada para as 10:00 horas no Milladoiro e as 10:15 horas en Bertamiráns. As localizacións que se visitarán pertencen á chamada Ruta Rosaliana.

“Comerá o bebé?” é unha sesión de contos, poemas, xogos de mans, música e moito máis encadrada dentro do programa Apego. Terá lugar o próximo xoves, 13 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, en dúas sesións: unha ás 17.30 horas e outra ás 18.30 horas. Unha actividade de balde, destinada a familias que se encontren agardado un bebé ou teñan crianzas de menos de 3 anos.

Os departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Bibliotecas do Concello de Ames unen forzas nunha programación repleta de actividades para a conmemoración do mes de Rosalía de Castro. Ademais, como en outras edicións, cóntase coa colaboración dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de todos os centros de ensino públicos do Concello de Ames, de diferentes asociacións, do ámbito socioeconómico, do ámbito cultural e doutros concellos como Brión, Padrón e Santiago.

A programación de Apego para os vindeiros meses presentouse hoxe no salón de plenos do Concello. Nela estiveron a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, a concelleira de Cultura, Natividade González, e a técnica municipal Rosa Moreiras. Desta volta, a programación vén cunha morea de actividades para os meses de febreiro, marzo, abril e maio. Música, contos, arrolos, teatro, xogos, espectáculos, obradoiros…para que as crianzas e as familias poidan gozar, aprender e socializar.

A Casa da Cultura do Milladoiro foi o escenario elixido para por en marcha a novena edición do Club de Debate cunha xornada de formación conxunta. Nela participaron arredor de 90 rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato da comarca de Santiago de Compostela. A primeira hora da mañá recibiron a visita da concelleira de Normalización Lingüística e Mocidade, Escarlata Pampín.
- ‹ anterior
- 31 de 36
- siguiente ›