Actualidad
![O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local de Ames O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local de Ames](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/04/1_20.jpg?itok=iPbiyMb5)
Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos oficios que trataron nas aulas, recibiron a visita de dous axentes da Policía Local de Ames que lles explicaron en que consiste o seu traballo e mesmo lles deixaron subir ao coche patrulla.
![O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/04/1_44.jpg?itok=THoB1Vv1)
Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algunhas das profesións que trataron nas aulas, a pasada semana visitaron unha granxa na Escravitude onde os gandeiros lles explicaron en que consiste o traballo que desenvolven na explotación.
![Os usuarios da Casa dos Maiores reciben a visita do alumnado da escola infantil O Bosque Os usuarios da Casa dos Maiores reciben a visita do alumnado da escola infantil O Bosque](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/02/visita_casa_dos_maiores1.jpg?itok=d6kWG1k4)
A cativada da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns, achegouse hoxe á Casa dos Maiores para pasar unha xornada en compañía dos seus usuarios. Alí participaron con eles nunha clase de ximnasia e, posteriormente, merendaron todos xuntos cunhas galletas elaboradas polos propios alumnos e alumnas.
![O alumnado da escola infantil municipal do Bosque celebrou o Día da Paz O alumnado da escola infantil municipal do Bosque celebrou o Día da Paz](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/01/paz_1-2.jpg?itok=2cC7yBwJ)
As nenas e nenos da escola infantil municipal do Bosque, situada en Bertamiráns, foron partícipes da celebración do Día da Paz, que se conmemora o 30 de xaneiro. Este ano, o profesorado debuxou un globo aerostático, que colocaron na entrada, no que as familias pegaron frases relacionada relacionadas coa Paz.
![A Escola infantil municipal O Bosque celebrou en novembro o mes da música A Escola infantil municipal O Bosque celebrou en novembro o mes da música](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2023/11/img_1854.jpg?itok=6gEQ46Wn)
Coincidindo coa celebración do Día da Música, a Escola infantil municipal O Bosque converteu novembro no mes máis musical do ano con diversas actividades. Desta volta, os pequenos e pequenas da escola escoitaron cancións de distintos xéneros, contos cantados, fixeron manualidades e asistiron a actuacións musicais de parte dos seus familiares e profesores.