Actualidad
[07-01-2011] Para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centos de ensino amienses. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.
[07-01-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán na rede municipal de comedores escolares entre o día 10 e o día 14 de xaneiro. Tamén poderás obter varias suxestións para as ceas.
[07-01-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán nas escolas infantís entre o día 10 e o día 14 de xaneiro. Estes menús están elaborados pola nutricionista municipal.
[07-01-2011] A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) a través da Delegación Territorial en Galicia, informa no boletín emitido ás 09:17 hora oficial do día 06/01/11 dun fenómeno adverso por Mar de Fondo que afectará a toda a costa galega para o día 07/01/11 /venres). En terra haberá rachas máximas de vento que poden alcanzar os 90 jms/hora (NIVEL AMARELO).
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemete.es, do CAE 112: www.112galicia.org e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.
[06-01-2011] O pavillón polideportivo de Bertamiráns acollerá, o día 8 de xaneiro, a oitava edición do Torneo de Nadal de Karate Concello de Ames, no que se darán cita 14 clubs galegos na modalidade de kata individual. Arredor de 200 deportistas competirán nas categorías de benxamín, alevín, infantil e xuvenil. O torneo comezará ás 16:00 horas e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 13 anos. Esta competición está organizada pola Agrupación Deportiva "Galaika" en colaboración coa Concellaría de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico.
[06-01-2011] As veciñas e os veciños de Ames pensionistas poderán acollerse, un ano máis, ao Programa de Termalismo Social que o IMSERSO oferta a través do Concello de Ames. As persoas participantes poderán gozar de 12 días e 11 noites nun balneario de Galicia en réxime de pensión completa e con seguimento médico e tratamento termal. Para obter máis información e tramitar as solicitudes haberá que acudir ás oficinas de Servizos Sociais municipais, situadas no centro sociocultural de Bertamiráns e nas novas oficinas do Milladoiro.
[06-01-2011] O goberno municipal acaba de aprobar a concesión dun total de 39.155 euros para sufragar os investimentos efectuados por comisións parroquiais e asociacións veciñais. Esta liña de axudas ten o obxectivo de apoiar economicamente ás comunidades parroquiais ou veciñais para que poidan mellorar as súas instalacións ou construír novas infraestruturas. A través desta convocatoria tamén se pretende colaborar con aquelas entidades subvencionadas por organismos supramunicipais. Despois de examinar e valorar todas as solicitudes presentadas sete asociacións beneficiaranse desta convocatoria de axudas. Estas entidades terán de prazo ata o 15 de abril para xustificar o gasto polo que recibiron a devandita subvención. Poderase solicitar unha prórroga que nunca excederá do 12 de maio de 2011.
[05-01-2011] A poboación inmigrante empadroada no Concello de Ames multiplicouse por dez dende o ano 2000. Cunha sociedade cada vez máis diversa e complexa faise necesario loitar por conseguir unha convivencia intercultural en todos os ámbitos da vida. Precisamente con ese obxectivo naceu hai xa máis de tres anos o Servizo de Atención ao Migrante (SAMI). Actualmente este servizo atende de forma directa e personalizada a preto de 1.800 estranxeiros que están empadroados no concello, ademais dos retornados, que tamén son considerados emigrantes. Dende a asesoría xurídica deste servizo atendeuse durante o 2010 a un total de 298 inmigrantes e retornados. Estas persoas realizaron 597 consultas para resolver diversas cuestións. Ademais, a asesora xurídica abriu 173 expedientes novos de 159 inmigrantes que pasaron por primeira vez pola oficina e 14 retornados que acudiron por primeira vez a este servizo.
[05-01-2011] O xurado desta IV edición do concurso de cartas aos Reis Magos, formado por tres persoas escollidas pola Casa Real de Oriente e polo Concello de Ames, xa lles puxo nome aos gañadores deste ano. Sara Casusa Mosquera e Lorena Seoane García fixéronse co galardón na categoría de educación infantil, María Celia Corral Noguera e Esteban Lugo Padín na de 1º ciclo de primaria e Nerea Quintáns Iglesias e Alba Caseco Prieto na de 2º ciclo de primaria. Estes seis rapaces e rapazas foron os escollidos polos Reis Magos que este ano contaron coa axuda inestimable do Apalpador para ler e contestar todas as cartas participantes no concurso. Os premios aos gañadores e gañadoras entregaranse na cabalgata deste mércores día 5, na que, ademais dos Reis Magos, participará tamén o Apalpador.
[05-01-2011] Con luces de cores, música e moito fume entraron os Reis Magos nos pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns. Os Magos de Oriente, acompañados de varias comparsas de rapaces e rapazas e coa presenza por primeira vez do Apalpador, pasaron por Ames facendo a ledicia de todos os nenos e nenas. Este ano a choiva non permitiu que a Cabalgata das Súas Maxestades desfilara polas rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. A pesar diso os Reis Magos foron recibidos nos pavillóns polideportivos do Milladoiro e de Bertamiráns por centos de nenos e nenas e polas súas familias. As autoridades municipais non faltaron a esta cita co fin de recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar. Este ano os Reis Magos contaron coa inestimable axuda do Apalpador, unha personaxe mítica galega que visitará tamén as casas dos nenos e nenas do concello para repartir ilusións nesta noite máxica que se aproxima.
- ‹ anterior
- 1376 de 1377
- siguiente ›